AS MULLERES DE VERÍN ÚNENSE PARA REIVINDICAR OS SEUS DEREITOS

https://www.diariodotamega.es/video/verin/mulleres-verin-unense-reivindicar-seus-dereitos/20230308124253037972.html?fbclid=IwAR1wdKosx8N_wc9reObEii2OPGQ32CtRYL9heiq9wxBDtuWPDBTN13nrhrY

As mulleres de Verín únense para reivindicar os seus dereitos

8 DE MARZO DE 2023

Trala cancelación da marcha polo Día Internacional da Muller por mor das condicións meteorolóxicas, tiña lugar na praza do Concello de Verín una concentración na que centos de persoas e centros educativos se reunían para a conmemoración dun día tan importante para as mulleres e a lectura do seguinte manifesto.

Ligazón vídeo: https://www.youtube.com/watch?time_continue=2&v=pGtA5YGcXe8&embeds_euri=https%3A%2F%2Fwww.diariodotamega.es%2F&source_ve_path=MzY4NDIsMzY4NDIsMzY4NDIsMzY4NDIsMzY4NDIsMzY4NDIsMzY4NDI&feature=emb_logo

8 M NA PROVINCIA DE OURENSE- VÍDEO CAMPAÑA FEMURO

https://www.laregion.es/articulo/ourense/directo-ourense-suma-8m-reivindicar-igualdad/202303081024591204236.html

 

Sigue aquí todo lo que sucede en la provincia Ourense con motivo del 8M, Día Internacional de la Mujer 

La provincia de Ourense acoge este miércoles 8 de Marzo, Día Internacional de las Mujeres, numerosas actividades y concentraciones para reclamar y reivindicar la igualdad real con los hombres. Son muchos los municipios ourensanos que han programado diferentes actos desde primera hora de la mañana para sumarse a una reclamación global. No será el único día con eventos vinculados al Día Internacional de la Mujer, pero sí la mayoría. No faltará tampoco la habitual manifestación que recorre las calles de la ciudad para seguir reclamando una igualdad real entre ambos sexos y la eliminación de la brecha de género en diferentes sectores. 

12:30 Verín reivindica la igualdad

Enlace vídeo: https://www.laregion.es/articulo/ourense/directo-ourense-suma-8m-reivindicar-igualdad/202303081024591204236.html

La marcha prevista en Verín para este 8 de marzo tuvo que ser suspendida por la lluvia. Pero no impidió que el acto en el que participan los diferentes concellos de la Mancomunidad, así como los vecinos presentes, reivindiquen la igualdad. En este acto se leyó un manifiesto -acompañado de una intérprete- centrado en la corresponsabilidad. La cita, que se celebra con motivo del Día Internacional de la Mujer, estuvo organizado por el CIM de la Mancomunidad, Femuro, el CDR Portas Abertas y Cruz Roja. También estuvieron presentes alumnos de los centros educativos. 

11:20  Vídeo de la campaña de Femuro para este 8M.

8M 2023 ASOCIACIONS – YouTube

 

VERÍN ACOLLERÁ UNHA MARCHA POLAS RÚAS O DÍA DAS MULLERES

https://www.laregion.es/articulo/monterrei/verin-acollera-marcha-polas-ruas-dia-da-muller/202303061717511203727.html

Verín acollerá unha marcha polas rúas o Día da Muller

Femuro traballa coas mulleres rurais, cos cativos e a través das redes para reivindicar a igualdade

Os veciños da comarca de Monterrei concentraranse este mércores para reivindicar igualdade, no marco do Día Internacional da Muller. A cita será en Verín, cunha marcha que arrancará ás 12,00 horas dende a Praza do Concello para rematar na Praza Maior lendo un manifesto e realizando unha performance. 

A cita está organizada polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade, Femuro, o CDR Portas Abertas e Cruz Vermella. As entidades implicadas reivindicarán a igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos. 

Máis alá desta xornada, Femuro está realizando actividades coas asociacións de mulleres rurais e cos cativos. “Coas mulleres estamos facendo un vídeo reivindicativo, ademais de que temos organizadas unhas andainas nas comarcas de Monterrei, Ribeiro, Valdeorras e A Limia”, explican dende a Federación. 

Esta entidade tamén está traballando cos cativos do CEIP Amaro Refojo na performance que realizarán o 8M na Praza Maior, así como con charlas de sensibilización neste centro e no CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia. 

Este ano, Femuro centra as conferencias, a sensibilización en redes sociais e as súas actividades na corresponsabilidade, baixo o lema “Hai moito tempo que non varres a cociña” para “crear conciencia sobre a necesidade de establecer medidas que faciliten a conciliación da vida laboral e persoal”, conclúen. 

RENOVACIÓN DO CONVENIO COA SECRETARÍA XERAL

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/76096/xunta-apoya-las-mujeres-rurales-lucha-contra-violencia-genero-promocion-igualdad?langId=gl_ES&fbclid=IwAR2eZTH-Lx4-OXYm642JmX8OeR6EaJnxtHf2dqWFY11Pp3NH1LipFJb-Duo

A Xunta apoia ás mulleres rurais na loita contra a violencia de xénero e na promoción da igualdade co financiamento de plans de formación e sensibilización

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de renovar os convenios de colaboración que mantén coas federacións Fademur, Femuro e Femupo.

 

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023 A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de renovar os convenios de colaboración que mantén coas federacións de mulleres rurais de Galicia para financiar os programas e actuacións encamiñados á loita contra a violencia de xénero e á promoción da igualdade. En total, a Xunta inviste 60.000 euros en apoio á Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), á Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) e á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro).

As accións teñen o dobre obxectivo de sensibilizar a mulleres rurais no eido da violencia de xénero e o traballo directo coas vítimas e os seus fillos e fillas mediante a realización de programas para a mellora da súa autoestima e empoderamento.

Fademur, a través do convenio, leva a cabo accións formativas dirixidas a mulleres do rural, cursos de formación para mulleres pertencentes ás xuntas directivas das entidades asociadas a súa federación e traballos con dinámica de grupo e/ou actividades conxuntas abertas ao público en xeral sobre temáticas que contribúan á facer visibles as violencias contra as mulleres.

Pola súa banda, Femupo desenvolve co apoio autonómico o proxecto Mulleres en Construción 3.0 que se centra en analizar e atopar solucións para rematar coa violencia de xénero en todos os ámbitos da provincia de Pontevedra a través de accións de visibilización, formación e sensibilización, así como actividades de empoderamento feminino.

Por último, a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) comprométese a través do convenio a desenvolver accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero, así como a realizar os programas previstos coas vítimas da violencia de xénero do ámbito rural da provincia de Ourense, sempre en colaboración e coordinación cos servizos públicos (servizos sociais e centros de información ás mulleres), correspondentes en cada caso.

CAMPAÑA 8 DE MARZO

 
“𝐇𝐀𝐈 𝐌𝐎𝐈𝐓𝐎 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐎 𝐐𝐔𝐄 𝐍𝐎𝐍 𝐕𝐀𝐑𝐑𝐄𝐒 𝐀 𝐂𝐎𝐂𝐈Ñ𝐀” 🟣
A nosa campaña do 8 de marzo este ano pon en valor a CORRESPONSABILIDADE, creando conciencia sobre a necesidade de compartir traballos domésticos e descansos, así como de establecer medidas que faciliten a conciliación da vida laboral e persoal. 
Faremos, dentro desta campaña, obradoiros en centros educativos, un vídeo musical coas asociacións de mulleres que publicaremos en redes o día 8 de marzo, outro vídeo cos nenos e cas nenas das actividades de Femuro e tamén faremos os seguintes actos por comarcas coas nosas asociacións:
 
COMARCA DE VERÍN. 11 de marzo. Andaina “polas mulleres”. Pandereitada feminista e lectura de manifesto. 
COMARCA DE VALDEORRAS. 11 de marzo. Encontro de mulleres. Lectura de poemas e de manifesto feminista. 
COMARCA DO RIBEIRO. 11 de marzo. Andaina “polas mulleres” e lectura de manifesto. 
COMARCA DA LIMIA E ALLARIZ. 12 de marzo. Andaina “polas mulleres” e pandeiretada feminista. Lectura de manifesto. 
 
 
 

MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

Do 13 ao 23 de decembro abriremos o noso xa tradicional mercadiño solidario de Nadal na Av. de Sousas 37 baixo, de luns a sábado.  

Venderemos cousas doadas, usadas e novas, a precios moi simbólicos, para recadar fondos que invertiremos nos nosos programas sociais. Poderedes atopar xoguetes, libros, artesanía, adornos de nadal, bisutería, menaxe e decoración, artigos de bebé, mochilas e bolsos … E rifas a 1 € para unha cesta de nadal valorada en 200 €! 

Tamén estaremos recollendo alimentos para o programa de emerxencia familiar, no que repartimos produtos de primeira necesidade a familias que se atopan en situación de vulnerabilidade nas comarcas de Verín e Ribeiro. 

 

CONCENTRACIÓN 25N

Hoxe, 25 de novembro, teremos un acto de concentración na Praza do Concello de Verín ás 12.00 horas.  O acto consistirá na lectura dun manifesto rexeitando as violencias machistas e unha Performance protagonizada por alumnado do CEIP Plurinlingüe Amaro Refojo. 

 

 

CAMPAÑA DO 25 DE NOVEMBRO

𝐀𝐍𝐈𝐌𝐀𝐋𝐀𝐃𝐀𝐒 𝐌𝐀𝐂𝐇𝐈𝐒𝐓𝐀𝐒. 𝙋𝙤𝙧 𝙦𝙪𝙚 𝙚𝙣 𝙛𝙚𝙢𝙞𝙣𝙞𝙣𝙤 𝙨𝙤𝙖 𝙥𝙚𝙤𝙧?
Este ano, a nosa campaña polo Día Internacional contra a Violencia Machista céntrase na 𝓋𝒾𝑜𝓁𝑒𝓃𝒸𝒾𝒶 𝓋𝑒𝓇𝒷𝒶𝓁.
Tendo como base a obra “𝑴á𝒔 𝒑𝒖𝒕𝒂 𝒒𝒖𝒆 𝒍𝒂𝒔 𝒈𝒂𝒍𝒍𝒊𝒏𝒂𝒔”, de Luis Amavisca e Sonia Pulido, realizaremos ao longo do mes de novembro un conxunto de actividades tanto coas Asociacións de Mulleres Rurais que integran a nosa Federación, como coa infancia, os centros educativos e a comunidade en xeral a través das nosas redes sociais.
 
 

MULLERES QUE CONTAN

Mulleres que contan é un espazo onde mulleres que previamente non se coñecen, comparten un par de horas á semana un tempo para falar, para escoitar, para rir, para chorar…

En mulleres que contan, a través da lectura dun pequeno conto, historia, poesía ou reflexión, expresaremos sentimentos, contaremos experiencias ou simplemente escoitaremos outros puntos de vista. 

Se queres ter un tempo para ti mesma, facer novas amizades, participar nun espazo de confianza… este é o teu lugar! 

Prazas abertas!! Comezamos en outubro cos novos grupos!! 

 

PLAN CORRESPONSABLES

 

PLAN CORRESPONSABLES

O Plan Corresponsables é unha nova política pública da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxectivo iniciar o camiño cara a garantía do coidado como un dereito en España dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao amparo do artigo 44 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e dende un enfoque de garantía de dereitos universais.

Con este Plan preténdese satisfacer as distintas necesidades de coidado da poboación, deseñando sistemas integrais de coidado dende unha perspectiva de xénero, interseccional e de dereitos humanos que promova a corresponsabilidade entre mulleres e homes, Estado, mercado, familias e comunidade.

Información ampliada na pestana EMPREGO E FORMACIÓN/ PLAN CORRESPONSABLES.

 

1 2 3 4 13