Actividades de sensibilización
Nas datas conmemorativas ao longo do ano, relacionadas coa igualdade de xénero, Femuro ven realizando coa infancia unha serie de actividades de sensibilización a través de contacontos, actividades e xogos, nos centros educativos, bibliotecas e outros espazos nos que queiran traballar este tema.
As datas a conmemorar son normalmete o 8 de marzo, día internacional da muller, e o 25 de novembro, día internacional contra a violencia machista (as actividades deste día están no apartado específico 25N).
Tamén de xeito transversal, durante todo o ano, facemos pequenos obradoiros nas actividades propias de Femuro, con nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.
Se algún centro educativo o espazo público infantil está interesado nestes obradoiros, que impartimos de xeito gratuito, pódese por en contacto con nós por mail o por teléfono.