MULLERES CON HISTORIA

Mulleres con historia é unha exposición fotográfica que consta de 23 fotografías, que nace coa intención de reivindicar a presenza das mulleres na Historia. Con esta exposición queremos sacar da invisibilidade a mulleres que foron e son (algunhas delas aínda están vivas) axentes de cambio histórico en diferentes eidos e que, polo tanto, destacaron e merecen ser recoñecidas. Quixemos facelo da man de mulleres de a pé que se prestaron a ser fotografadas imitando ás súas referentes. 

 

Dita exposición pretende viaxar por todos aqueles lugares que se interesen por ela: centros educativos, concellos, salas de exposicións.  Para solicitala, é gratuita, e só hai que chamar para consultar a dispoñibilidade ao 988.411390 e formalizar a reserva mediante un mail a : femuro.ourense@gmail.com.