Sex-Edúcate

SexEdúcate é un novo proxecto co que pretendemos educar ás mozas e mozos da provincia de Ourense nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria.

Para desenvolver esta idea contaremos con caixas de correos en diferentes puntos nos que as e os adolescentes poderán introducir todas aquelas preguntas e inquedanzas que teñen respecto a temas como: coito, orientación sexual, feminismo, menstruación, anatomía corporal, consentimento, métodos preventivos.

A través desta iniciativa queremos que as e os adolescentes saiban que existe un espazo seguro e anónimo no que poden plasmar todas as súas dúbidas, tendo a seguridade de que recibirán respostas e que estas serán claras e obxectivas.

Estas caixas de correos contan cun Código QR que os leva a un vídeo de youtube no que se explican os pasos que deben seguir.

https://www.youtube.com/watch?v=b5bLI7F1mTw

Unha vez que os e as adolescentes plasmen as súas dúbidas procederemos a resolvelas a través de vídeos en formato Reel que colgaremos no Instagram da federación (@femuroverin).