2023
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Por sexto ano consecutivo, Femuro puido levar a cabo o programa “DA MAN: Sensibilización fronte a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas” grazas a que asinou un Convenio de Colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas.
Este programa consiste nunha serie de actividades co obxectivo de sensibilizar e facer fronte á problemática da violencia de xénero (actividades formativas, colaborativas, de apoio ás vítimas, de sensibilización…)
Este ano levamos a cabo as seguintes actuacións:
- Mulleres que contan. Esta actividade pretende que as mulleres participantes traballen as habilidades sociais básicas; a autoestima, o empoderamento, o autocontrol, a confianza e que aprendan a canalizar as súas emocións e relaxarse, todo isto traballase a través da lectura de contos. A parte de todo o anterior, esta actividade dalle a oportunidade de atopar un grupo de compañeiras coas que poder falar, expresarse e sentirse acompañadas.
- Obradoiros de sensibilización e elaboración de actividades, en centros educativos dende os 3 os 16 anos en Verín,Xinzo de Limia, Ourense, Celanova e Ribadavia (VER apartado FEMURO COA INFANCIA/ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN)
- XIX Foro de igualdade trasladouse este ano ata Lugo os días 15 e 16 de abril. Neste caso tratamos o tema da Trata de Persoas con fin de Explotación Sexual, co obxetivo de achegarnos a esta dura realidade a través de diferentes testimonios. (VER apartado FEMURO COAS ASOCIACIÓNS/ FORO DA IGUALDADE).
- Xornada de respiro familiar para familias supervivientes de violencia de xénero.
- Campañas 8M E 25N coa poboación en xeral: asociacións, centros educativos, a través de redes, actos públicos… (VER apartado CAMPAÑAS)
- Culturfem.Un espazo creado co fin de realizar recomendacións culturais á poboación xeral a través das nosas redes, sempre con perspectiva de xénero e en relación a temática feminista.
- Clube de lectura violeta. Un clube de lectura con perspectiva de xénero, lecturas feministas e escritas por mulleres.
- Sex-Edúcate. Unha nova iniciativa, coa que pretendemos educar a mocidade da provincia de Ourense nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria.