8M 2023

 

Como cada ano, e grazas ao Convenio asinado coa Secretaría Xeral da Igualdade, Femuro levou a cabo unha serie de actividades para reivindicar o 8M – Día Internacional da Muller-.No 2023 eleximos o lema “HAI MOITO TEMPO QUE NON VARRES A COCIÑA”no que reivindicamos a CORRESPONSABILIDADE. 

  • Unha das actividades levadas a cabo coas Asociacións de Mulleres Rurais federadas foi o noso xa tradicional vídeo de campaña o cal foi colgado na nosa canle de Youtube e compartido nas nosas redes sociais (Facebook e Instagram). Podedes acceder ao seu visionado na seguinte ligazón: 8M 2023 ASOCIACIONS – YouTube

Participaron un total de 217 mulleres de 28 Asociacións e 13 homes:

Asoc. MM.RR. “25 de Xullo” (Albarellos); Asoc. MM.RR. “Da Raia” (Baltar); Asoc. MM.RR. “Fonte do sapo” (A Rasela); Asoc. MM.RR. “Toural” (Mandín); Asoc. MM.RR. “Flor da Xesta” (Verín); Asoc. MM.RR. “Patio de Melo” (Ábedes); Asoc. MM.RR. “Sarreaus” (Sarreaus); Asoc. MM.RR. “Santa María de Tamagos” (Tamagos); Asoc. MM.RR. “As Candelas” (Pazos); Asoc. MM.RR. “Arracada” (Vilar de Santos); Asoc. MM.RR. “Raiotas” (Feces de Abaixo); Asoc. MM.RR. “Cova Moura” (Laias); Asoc. MM.RR. “Arnoia” (Arnoia); Asoc. MM.RR. “San Salvador da Roza” (Medeiros); Asoc. MM.RR. “Límicas” (Xinzo de Limia); Asoc. MM.RR. “Tres Reinos” (A Mezquita); Asoc. MM.RR. “A Veiga” (A Veiga); Asoc. MM.RR. “Tres de Maio” (Laza); Asoc. MM.RR. “Entre Nós” (Vilardevós), “Pegureiras” (Allariz); “Castrelo de Miño” (Castrelo de Miño); “A Carballa”(Rairiz de Veiga); “Cruceiro Gordo”(Melón); “Arcos de Valdeorras” (Barco de Valdeorras); “O Cruceiro”(Matamá); “San Pedro” (Queizás), “Nosa señora do portal” (Ribadavia); “Fonte do ouro” (Sandín). 

  • Retomamos tamén este ano, despois de anos duros sen reunións multitudinarias provocadas pola pandemia, o nosos actos por comarcas:

 

Na seguinte ligazón podedes ver o resumo dos encontros nas diferentes comarcas:

8M POR COMARCAS 2023 (FEMURO) – YouTube

 

  • A población máis pequena tamén formou parte da nosa campaña de corresponsabilidade.  Podedes ver os diferentes obradoiros en FEMURO COA INFANCIA/ ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN/2023.