Campañas – 8M – 2024

Este ano na campaña do 8M quixemos mostrar o noso rexeitamento a aquelas cancions, de antes e de agora, que están plagadas de estereotipos e actitudes machistas, así como moi frecuentemente, de violencia cara ás mulleres. 

Por outra banda, resaltamos aquelas cancións e artistas que reivindican o papel da muller dende un punto de vista liberador e de empoderamento, e sobretodo a aquelas artistas que nunha época moi difícil para o feminismo, como foi a época franquista e post franquista en España, afinaron as súas gorxas para cantar pola liberdade de ser e de pensar das mulleres. 

 

Estes carteis forman parte dunha campaña maior que estivo nas nosas Redes Sociais durante todo o mes de marzo. 

Coa mesma finalidade de visibilizar cantantes femininas reivindicativas, TODO FITNESS (academia de baile) organizaou. en colaboración con nós,  unha performance con coreografía, na que participaron os diferentes grupos de baile de diferentes idades. Aquí vos deixamos a ligazón para vela completa: 

 

8M 2024 – PERFORMANCE E MANIFESTO

 

As nosas Asociacións de Mulleres Rurais tamén foron, coma sempre, protagonistas na nosa campaña, e realizaron o noso xa tradicional vídeo: 

8M 2024 – ASOCIACIÓNS DE MMRR

 

Como todos os anos tamén, participamos e colaboramos na Concentración de Entidades, Administración Pública e Público en Xeral do 8M no Concello de Verín: