EMPREGO E FORMACIÓN – PLAN CORRESPONSABLES

 

O Plan Corresponsables é unha nova política pública da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxectivo iniciar o camiño cara a garantía do coidado como un dereito en España dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao amparo do artigo 44 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e dende un enfoque de garantía de dereitos universais.

Con este Plan preténdese satisfacer as distintas necesidades de coidado da poboación, deseñando sistemas integrais de coidado dende unha perspectiva de xénero, interseccional e de dereitos humanos que promova a corresponsabilidade entre mulleres e homes, Estado, mercado, familias e comunidade.

Este Plan desenvólvese en colaboración coas Comunidades e Cidades Autónomas, que son as responsables da posta en marcha de tres dos seus cinco eixes:

  • Crear bolsas de coidado profesional que faciliten a conciliación de familias con fillas e fillos menores de 16 anos.
  • Fomentar o emprego.
  • Certificar a experiencia profesional no coidado non formal.

As Federacións de mulleres desenvolverán este plan mediante diversas accións que se levarán a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia  grazas a os Convenios de colaboración realizados coa Secretaría Xeral da Igualdade.

Femuro, dentro da provincia de Ourense, ven desenvolvendo dende o ano 2022 unha serie de actuacións neste sentido que se resumen nas seguintes liñas:

  • Difusión e publicidade do Plan a través das redes sociais da Federación e de reunións en concellos e con axentes sociais.
  • Información ás interesadas e resolución de dúbidas.
  • Formación en Competencias Clave.
  • Formación en Primeiros Auxilios.
  • Formación teórica no carné de conducir tipo B. 
  • Outras formacións relacionadas coa obtención do certificado de profesionalidade e o cuidado á infancia  (Escola de Igualdade) 
  • Elaboración dun Censo.