25N – 2023

 

 

Como cada ano polo 25 N, Día Internacional contra a Violencia Machista,a Federación realizou unha campaña de reivindicación da fin das Violencias Machistas, nesta ocasión centrándonos nos abusos, quizais non tan visibles, pero aos que somos sometidas as mulleres día tras día.

 

As actuación desenvoltas foron as seguintes:

  • coas asociacións federadas.

As mulleres das nosas asociacións xuntáronse para facer a súa propia versión dun vídeo musical, neste caso a canción seleccionada foi “Caza de Pañuelos” do cantante madrileño Rayden. Nel pretendemos visualizar os abusos os que as mulleres somos sometidas día a día mediante panos, e como coa forza da sororidade podemos vencer ao machismo.

A participación, como ven sendo habitual ao longo dos anos, foi moi elevada, sendo 232 mulleres as que aportaron o seu gran de area nesta actividade e que pertencen as seguintes asociacións:

Asoc. MM.RR. “Pegureiras” (San Mamede de Urrós, Allariz); Asoc. MM.RR. e Consumo “San Salvador da Roza” (Medeiros, Monterrei); Asoc. MM.RR. “Limicas” (Xinzo de Limia); Asoc. Cultural “ Tres Reinos” (A Mezquita); Asoc. MM.RR. e Consumo “Entre Nos” (Vilardevós); Asoc. MM.RR. “Silvardeiras” (Allariz); Asoc. MM.RR. “Carballa” (Rairiz de Veiga); Asoc. MM.RR. “Patio de Melo” (Abedes, Verín); Asoc. MM.RR. e Consumo Tres de Maio (Laza;  Asoc. MM.RR. Santa María de Tamagos (Tamagos, Verín); Asoc. MM.RR. “Toural” (Mandín, Verín); Asoc. MM.RR. “Cruceiro” (Matamá, Laza); Asoc. MM.RR. “País dos Riós” (Riós); Asoc. MM.RR. “As Candelas” (Pazos, Verín); Asoc. MM.RR. “A Esperanza” (A Salgueira, Monterrei); Asoc. MM.RR. “As Abelairas” (Pazos de Rabeda, Taboadela), Asoc. MM.RR. “As Raiotas” (Feces de Abaixo, Verín), Asoc. MM.RR. “25 de Xullo” (Albarellos, Monterrei), Asoc. MM.RR. “Fonte do Sapo” (A Rasela, Verín) e Asoc. MM.RR. “Arnoia” (Arnoia).

O vídeo foi compartido por Whatsapp coas participantes e tamén se colgou na plataforma de Youtube e nas redes sociais de FEMURO (Facebook e Instagram) para así chegar á poboación xeral. Pódese acceder ao seu visionado a través da seguinte ligazón:

  • co alumnado de centros educativos.

Este anos percorremos varios centros da provincia coa nosa dinámica baseada no consentimento. Acudimos ao CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia, ao CEIP Plurilingüe Ribadavia, ao CEIP Curros Enriquez de Celanova…

Este ano decidimos tratar este tema tan complexo a través de 4 xogos ou dinámicas. Na primeira o alumnado ten que saír en parellas a interpretar dúas pequenas escenas nas que poden ver unha situación na cal se pide o consentimento e outra na que se actúa sen ter en conta o que a outra persoa quere.

Na segunda dinámica facemos o “xogo do semáforo” no cal a través das tres cores deste aparello o alumnado ten que determinar po grupos se nas situacións que lle plantexamos hai consentimento (cor verde), non hai consentimento (cor vermella), ou non o teñen claro (cor laranxa(, e reflexionamos sobre como actuar en cada caso.

Continuamos explicando a importancia do respecto ao espazo persoal, tanto propio como alleo, onde novamente precisamos dun/a voluntario/a que se meta dentro do aro, e outros/as dous/dúas que primeiro intenten entrar pola forza, para así reflexionar sobre o incomodo que é que non respecten os teus limites.

Por último completamos o puzzle coas pezas claves do consentimento, co que agasallamos a cada clase para que nunca se esquezan da súa importancia.

Tamén acudimos o CEIP de Quins (Melón) a 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗜𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶𝗹, onde contamos a historia das irmás Mirabal a través do conto “Las tres mariposas”, realizando posteriormente unha reflexión neste sentido e un bonito mural.

Ademais do anterior tamén aproveitamos a semana do 25N para que, os días  23 e 24, puideran disfrutar por primeira vez do visionado do noso documental “A laranxa completa”. Ata o auditorio de Verín acudiron alumnos da ESO e de Bacherelato dos institutos da comarca: IES Castro de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite…

Isto foi acompañado cunha dinámica sobre a Xeración de Cristal, termo que foi utilizado nas gravacións por un dos xoves e no que quixemos afondar. Para elo a parte das explicacións propuxémoslle ao alumnado  participar mostrando unhas cartulinas verdes ou unha vermella segundo se identificasen ou non con diferentes características que din os expertos son comúns nesta xeración. Nas catuñinas tamén reforzamos a mensaxe da exposición, a ruptura dos mitos do amor romántico pondo na parte vermella o mito e na verde a realidade, para que puideran levalas e telo presente no día a día.

 

  • Coa poboación xeral

O día 25 pola mañá tivo lugar unha concentración as 12 horas diante do concello de Verín, en repulsa a Violencia de Xénero, onde por suposto estivo FEMURO representado.

Pola tarde as 20:00 horas estreamos o noso documental “A laranxa Completa” en aberto para todo o público, ademais da exposición que o acompaña onde a través de datos se racha cos mitos do amor romántico.

Tes que engadir un widget, unha fila ou un deseño preconstruído antes de que poidas ver algo aquí. 🙂