Femuro coa infancia – Femuro Verán – 2023

 

Volta a actividade de Femuro Verán!! Este ano con 26 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

Realizamos actividades lúdico- educativas para facilitar a CONCILIACIÓN das familias,  sempre con perspectiva de xénero e tendo como base o feminismo e a igualdade. Ademáis traballamos outros valores como son: o coidado do planeta e do entorno próximo, o valor da cooperación, da democarcia, da solidariedade sen esquezernos da liberdade, o espíritu crítico e o respecto a un mesmo e as demais persoas. 

Xogamos, bailamos, tocamos instrumentos, fixemos deporte, aprendemos informática, contamos contos, fomos a piscina e saímos a un montón de excursións. Fixemos manualidades,  limpezas pola veira do río, cociñamos, coidamos das nosas plantiñas… 

 

O tema central deste espazo foi as es os piratas e este tema nos permitiu:

  • Coñecer lugares que non coñecíamos
  • Aprendemos a comer máis saudable. 
  • Coñecer mulleres piratas que foron reais e tamén algunhas outras inventadas
  • Facer manualidades relacionadas co mundo pirata e cos tesouros que atopaban
  • Construir unha DEMOCRACIA PIRATA e ver como e o funcionamento da democracia española
  • Ler moitos contos de piratas, de sirenas e sirenos e de outros amigos e amigas do mundo pirata.
  • Aprender a reciclar e coidar a contorna, para que a nosa isla quede libre de lixo.
  • Explorar moitos rincóns a través das nosas excursións: Laza, Puebla de Sanabria, A Mezquita e por suposto Verín.
  • A imaxinar, a xogar, a compartir…