CAMPAÑAS – 25N – 2024

 

Este ano quixemos pór o foco da nosa campaña nas violencias sexuais, desgraciadamente tan habituais nos medios os últimos meses. Así elaboramos o noso tradicional vídeo coas nosas mulleres rurais con esta temática, así como a cartelería e o lema: A VERGOÑA É DELES, A FORZA É NOSA. 

O vídeo pódese ver na seguinte ligazón:

 

Por outra banda, fixemos actividades de prevención de Violencias Mahistas con alumnado de Educación Infantil no CEIP Plurilingüe Amaro Refojo (Verín) e no CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia). A actividade consistiu nun contacontos de marionetas titulado:  “PEPUKA E MONSTRO QUE LLE LEVOU O SORRISO” . 

 

 

Este conto foi representado non só nos centros educativos mencionados. Tamén o contamos nas actividades de Femuro con nenos, nenas e persoas adultas, nas actividades de informática infantil, en Mulleres que Contan  e nas clases de galego e español para mullereres inmigrantes. 

 

   

Dentro desta mesma campaña fixemos un obradoiro de autoestima e empoderamento a un grupo de mulleres privadas de liberdade, no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, invitadas e acompañadas pola Asociación APES: 

 

E coma sempre, participamos no acto de concentración o 25 de Novembro na Praza do Concello de Verín, onde as nosas asociacións sempre están presentes.