PROGRAMAS SOCIAIS – DA MAN – 2022

 

Por quinto ano consecutivo, Femuro ten en vigor un Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade) para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas. 

A través deste Convenio levamos a cabo o programa “Da man” que consiste nunha serie de actividades co obxecto de sensibilizar e facer fronte á problemática da violencia de xénero: actividades formativas, colaborativas, de apoio ás vítimas, de sensibilización…

Algunhas das actividades realizadas a través deste convenio no 2022 son:

  • Mulleres que contan. É unha actividade na que se traballan habilidades sociais básicas tales como a autoestima, o empoderamento, o autocontrol, a confianza, a asertividade… e tamén a relaxación e a canalización das emocións,  a través da lectura de contos. 
  • Obradoiros de sensibilización e elaboración de materiais, en centros educativos dende os 3 ata os 16 anos en Verín, Xinzo de Limia, Ourense, Viana do Bolo e o Barco de Valdeorras. (VER apartado FEMURO COA INFANCIA/ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN)
  • XVIII Foro de Igualdade. Levouse a cabo no Auditorio Municipal de Verín os días 2 e 3 de xullo. Este ano centrámonos no Teito de Cristal, tendo como obxectivo analizar este tipo de violencia machista de carácter estrutural e as consecuencias que supón na carreira profesional das mulleres. (VER apartado FEMURO COAS ASOCIACIÓNS/ FORO DA IGUALDADE). 
  • Xornada de respiro familiar para familias superviventes de violencia de xénero
  • Campañas 8M e 25N coa poboación en xeral: asociacións, centros educativos, a través de redes, actos públicos… (VER apartado CAMPAÑAS)
  • Cultufem . Suxerencias feministas culturais que publicamos semanalmente en redes sociais. (VER apartado CAMPAÑAS)
  • Clube de lectura violeta. Un clube de lectura con perspectiva de xénero, lecturas feministas e escritas por mulleres.