Comunidade Educativa – OBRADOIROS EN ED. SECUNDARIA
Debido a actual falta de fondos económicos para facer estas actividades, realizámolas de xeito moi puntual e valorando se temos persoal, dispoñibilidade e recursos para facelas.
Non obstante, dende Femuro seguimos tendo o firme convencimento de que a educación é a base para acabar coas violencias existentes, e por este motivo intentamos, na medida do posible continuar con algunhas delas.
Para poder realizar estas ou outras actividades hai que facer a reserva con antelación e recibir a confirmación de que temos dispoñibilidade de tempo e persoal para poder realizalas.
A continuación detallamos algunhas das actividades realizadas ata este momento, a modo de exemplos, pero cada ano engadimos novas, en función das nosas campañas e das necesidades detectadas.
- “Sexualidade”. SexEdúcate é un proxecto co que pretendemos educar ás mozas e mozos nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria. A través de caixas de correos, os adolescentes plasmarán as súas dúbidas que serán contestadas a través de vídeos en formato Reel que colgaremos no Instagram da federación.( Máis información no apartado INFANCIA E MOCIDADE). Ademáis nesta actividade tamén contan as familias, coas que facemos obradoiros conxuntos de pais/nais cos seus fillos e fillas.
![]() |
![]() |
- Por-no-Educación. Facemos visible a realidade da pornografía: violencia, sometimento, violacións, prostitución, redes de tráfico de persoas, adicción.
- A media laranxa. Deconstruimos mitos do amor romántico.
- O consentimento. Que é? Deixemos claro cando é e non é consentimento, como pedilo, como dalo.