Programas Sociais – MERCADIÑOS SOLIDARIOS

FEMURO SOLIDARIA

PROGRAMA DE ATENCIÓN A PERSOAS CON ESCASOS RECURSOS ECONÓMICOS

FEMURO, un ano máis levou a cabo este programa, o cal xa está consolidado dentro da entidade. Púxose en marcha por primeira vez no ano 2010 xa que contabamos cunha subvención de Obra Social Caja España. Ao longo destes anos, a pesares de non contar con ningunha axuda de institucións, FEMURO decide mantelo debido ao gran valor social do mesmo e grazas á colaboración desinteresada e doazóns de establecementos, particulares e asociacións de MM.RR. adheridas a FEMURO.

No ano 2020, debido á pandemia, os recursos fixeron máis falta que nunca. Por ese motivo, de forma excepcional, organizamos dous MERCADIÑOS SOLIDARIOS nos que se venderon libros e outros obxectos doados para recadar fondos para este programa.

O primeiro foi no mes de AGOSTO, conseguindo unha recadación de case 1000 €. O segundo foi TROCO NADAL, no mes de decembro, no que ademais de pagar con diñeiro, podíase pagar con alimentos non perecedoiros. Recadamos  arredor de 900 € e 150 kg de comida e obxectos de hixiene.

Tamén participamos na Campaña de AEVER, na que diversos establecementos doaron alimentos para as entidades sociais da comarca que levan a cabo proxectos de emerxencia.

No 2021, continuando na liña do ano anterior, levamos a cabo unha nova edición do Mercadiño dada a boa acollida das edicións pasadas. Nesta ocasión contamos cun local cedido para tal fin e colaboracións de moitos comercios e particulares que nos doaron obxectos para vender, e materiais  para decorar e moitas persoas que artesanalmente elaboraron produtos para vender nel. Vendéronse libros, obxectos de decoración e papelería, xoguetes, artesanía, doces caseiros, decoración para o nadal, puericultura….

Ademais realizáronse diversas iniciativas para amenizar o mercadiño tales como: MINI-CONCERTOS DE NADAL a cargo da Academia A TEMPO e o seu alumnado no mesmo local do mercadiño, e visita de Papá Noel e as Elfas co buzón para que os nenos e as nenas puideran depositar as súas cartas.

Queremos agradecer dende aquí a todas as empresarias, persoas particulares, e asociacións que colaboraron con nós durante este 2021, que continuou sendo un ano difícil para todos e para todas. E un gran gran agradecemento ao noso equipo de voluntarias e colaboradoras especiais: Rosalía, Mayka, Sonia, Mónica, Niurka, Icía e Manola, que traballaron moito moito a cambio de poder facer felices a familias que non o están pasando nada ben. E por suposto tamén agradecer a todas as persoas que se achegaron a mercar ao noso mercadiño.

 

 


Mercadiño de Inverno 2020: Femuro pone en marcha un mercado solidario en el que se podrá pagar con comida.

La iniciativa consiste en la compra de productos mediante el pago con dinero o alimentos no perecederos, para ayudar a aquellos que más lo necesitan. 

Podes ver a nova na seguinte ligazón: Diario do Támega


Mercadiño de Verán 2020: El mercadillo solidario de Verín recaudó mil euros.

El dinero se empleará  para financiar programas sociales y de emergencia.

“La Federación de Mulleres Rurais de Verín celebró con un gran éxito de participación su  primer mercadillo solidario. Según datos del propio colectivo, se recaudaron en torno a 1.000 euros que se emplearán para financiar programas sociales y de emergencia, atendiendo, principalmente, a las familias más necesitadas de la comarca y que se han visto afectadas por la crisis del covid-19.”

Podes ver a nova na seguinte ligazón: La Región


Mercadiño de Verán 2020: Femuro venderá libros usados para financiar programas sociais de emerxencia na comarca. 

Todos os martes xoves, a asociación sube a Facebook libros de segunda man e artigos de artesanía realizados por mulleres.

Podes ver a nova completa na seguinte ligazón: Diario do Támega


Mercadiño de Nadal 2021: La entidad recolectó 2.000 euros del mercadillo solidario de Navidad. 

“Un dinero que no solo emplean en bienes de primera necesidad, sino que lo adaptan a lo que precisan sus usuarias. Ellas solo tienen palabras de agradecimiento para la entidad”.

Máis información nos seguintes artigos: