XII Edición

PADRÓN, 11 e 12 abril 2015

“A muller na literatura” foi o lema do XII Foro da Igualdade que Femuro organizou este ano en Padrón, unha actividade que cada ano é máis valorada e querida polas socias da federación, xa que é un punto de encontro entre as mulleres, co obxecto de visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade para así favorecer a igualdade real entre mulleres e homes.

Durante os días 11 e 12 de abril preto de 150 mulleres reuníronse en  Padrón para participar nunhas xornadas moi enriquecedoras e cheas de entusiasmo para loitar polos nosos dereitos e por facernos cada vez máis e máis visibles na sociedade.

Contamos para este acto, coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo.

O Foro deu comezo o sábado 11 de abril coa inauguración a cargo de, Dna. Camino Triguero Salas en representación de Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade, acompañada da  presidenta de FEMURO, Dna. Mª Isabel Garrido Blanco

A continuación tivemos a ponencia “Muller e literatura”da prestixiosa escritora Dna. Marina Mayoral, novelista, investigadora e articulista en galego e castelán, que publicou numerosas obras de gran recoñecemento no mundo literario actual e traducidas a diversos idiomas, cabe destacar entre elas “Chamábase Luis”, publicada en galego pola editorial Xerais en 1989.

O obxecto desta ponencia foi analizar o papel que tivo a muller na literatura ao longo dos anos, unha área restrinxida maioritariamente aos homes e onde existiron importantes logros acadados por mulleres, que quedaron agochados na sombra ou baixo pseudónimos e que co paso do tempo saíron a luz para poder ver o valor das mulleres como escritoras.

Este Foro trata de ser un espazo que conxuga a cultura do feminino, o intercambio de experiencias e actividades de lecer dirixidas ás mulleres, por iso, a tarde do sábado, realizamos unha visita guiada ao Hórreo de Carnota, a Fervenza do Ézaro e Fisterra onde puidemos desfrutar de lugares de gran beleza paisaxística e de gran patrimonio inmaterial galego.

O domingo pola mañá, realizouse unha visita cultural ao Castro de Baroña, Dunas de Corrubedo e Ribeira, durante a cal as mulleres puideron observar estas marabillas que nos ofrece a nosa Galiza, e rematar a fin de semana con moi bo recordo destes lugares con tanto encanto.

logo_igualdade_0

Image 1 of 1


fondo social europeo

Image 1 of 1