FEMURO COAS ASOCIACIÓNS – 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER – 2022

 

Como cada ano, e grazas ao Convenio asinado coa Secretaría Xeral da Igualdade, Femuro levou a cabo unha serie de actividades para reivindicar o 8M – Día Internacional da Muller-.

 

No 2022 eleximos o lema QUEN DIXO “NADIE”?  para recoñecer e visibilizar a mulleres deportistas, xa que neste eido as estatísticas continúan amosando distintas discriminacións cara as mulleres así como maiores dificultades para ser recoñecidas e valoradas polos seus logros. 

 

Entre as distintas actividades levadas a cabo, coas Asociacións de Mulleres Rurais federadas realizamos un vídeo no que visibilizamos a deportistas que destacaron e destacan en diferentes disciplinas, o cal foi colgado na nosa canle de Youtube e compartido nas nosas redes sociais (Facebook e Instagram). Podedes acceder ao seu visionado na seguinte ligazón: Vídeo Asoc. MM.RR.

Participaron un total de 185 mulleres de 22 Asociacións:

Asoc. MM.RR. “25 de Xullo” (Albarellos); Asoc. MM.RR. “Da Raia” (Baltar); Asoc. MM.RR. “Fonte do sapo” (A Rasela); Asoc. MM.RR. “Cruceiro” (Matamá); Asoc. MM.RR. “Toural” (Mandín); Asoc. MM.RR. “Flor da Xesta” (Verín); Asoc. MM.RR. “Patio de Melo” (Ábedes); Asoc. MM.RR. “Sarreaus” (Sarreaus); Asoc. MM.RR. “Santa María de Tamagos” (Tamagos); Asoc. MM.RR. “As Candelas” (Pazos); Asoc. MM.RR. “Arracada” (Vilar de Santos); Asoc. MM.RR. “Raiotas” (Feces de Abaixo); Asoc. MM.RR. “Cova Moura” (Laias); Asoc. MM.RR. “Arnoia” (Arnoia); Asoc. MM.RR. “San Salvador da Roza” (Medeiros); Asoc. MM.RR. “Límicas” (Xinzo de Limia); Asoc. MM.RR. “Tres Reinos” (A Mezquita); Asoc. MM.RR. “Córgomo” (Vilamartín de Valdeorras); Asoc. MM.RR. “A Veiga” (A Veiga); Asoc. MM.RR. “Tres de Maio” (Laza); Asoc. MM.RR. “Entre Nós” (Vilardevós).