Comunidade educativa – OBRADOIROS EN ED. INFANTIL
Debido a actual falta de fondos económicos para facer estas actividades, realizámolas de xeito moi puntual e valorando se temos persoal, dispoñibilidade e recursos para facelas.
Non obstante, dende Femuro seguimos co firme convencimento de que a educación é a base para acabar coas violencias existentes, e por este motivo intentamos, na medida do posible continuar con algunhas delas.
Para poder realizar estas ou outras actividades hai que facer a reserva con antelación e recibir a confirmación de que temos dispoñibilidade de tempo e persoal para poder realizalas.
A continuación detallamos algunhas das actividades realizadas ata este momento, a modo de exemplos, pero cada ano engadimos novas, en función das nosas campañas e das necesidades detectadas.
- CONTACONTOS DE HISTORIAS DE MULLERES REAIS. Os contos e as historias que nós contamos teñen unha característica moi especial: todo o que contamos pasou en realidade e as persoas que aparecen na historia na historia tamén son reais. E baixo esa premisa contamos vidas moi interesantes sobre mulleres que conseguiron grandes cousas das que nos beneficiamos toda a humanidade. Algunhas delas son: Ada Lovelace, Malala Yousafzai, Jane Goodall, Marie Curie, Frida Kalho, Maruja Mallo, Mary Shelley, Wangari, Valentina Tereshkova, Amelia Earhart, Hedy Lamarr, Yusra Mardini…
- EXPOSICIÓN DE MULLERES CON HISTORIA. Esta actividade pode ir ligada á anterior. Temos unha exposición itinerante (APARTADO CAMPAÑAS/MULLERES CON HISTORIA) que se pode solicitar para ter no centro (durante un tempo mínimo de 2 semanas) e unha vez que o alumnado xa a visitou facemos a actividade dos contos e historias das mulleres reais, explicando as historias dalgunhas das mulleres que saen na exposición. Ademais explicámoslles acerca da exposición, porque a fixemos, mostramos o “making of”, etc.
![]() |
![]() |
- FEIRA VIOLETA. Unha actividade que pretende visibilizar a mulleres importantes nun ámbito determinado. É unha actividade que se leva a cabo durante todo (o case todo) o curso escolar, no que facemos unha proposta de temática, cunha serie de mulleres que destacan na mesma e a partir de ahí cada clase ten que escoller a unha das mulleres e traballar durante o curso sobre ela, para acabar expondo todos os traballos realizados neste senso un case ao remate do curso escolar.
![]() |
![]() |
- “LAS TRES MARIPOSAS”: HISTORIA DO 25N. Lectura dun conto sobre as irmás Mirabal e posterior actividade.
- OUTRAS ACTIVIDADES QUE SE NOS SUXIRAN, OCURRAN OU QUE SE ADAPTEN AOS DIFERENTES GRUPOS E/OU CIRCUNSTANCIAS.