Consello Social Provincial
FEMURO forma parte do CONSELLO SOCIAL PROVINCIAL. Este Consello nace ano 2017 por iniciativa da Deputación de Ourense e pretende ser un instrumento de cooperación activa entre a Deputación de Ourense e as diferentes Entidades Sociais da provincia co fin de mellorar a comunicación e o traballo conxunto no ámbito dos servizos sociais.
O Consello Social ten tres eixes de actuación: participación, visibilidade e transformación. O primeiro deles refírese a establecer mecanismos de participación das entidades sociais na redacción e na determinación dos parámetros de valoración e adxudicación das axudas publicas que a Deputación convoca anualmente a través da correspondente orde en concorrencia competitiva, destinada a entidades sociais. O segundo eixe refírese a incrementar a visibilidade do traballo desenvolvido polas entidades da provincia e propiciar a coordinación entre os diferentes axentes sociais. E o terceiro eixe é a transformación ao ámbito dixital, polo que as relacións entre a administración provincial e entidades sociais realizarse unicamente de forma electrónica.