2016
DÍA DA MULLER RURAL NA MEZQUITA. 29 de Outubro.
Como cada ano, Femuro colaborou na conmemoración do Día da Muller Rural. Un acto que este ano correu a cargo da Asociación Cultural “Os tres reinos”, da Mezquita.
O día 29 de Outubro, arredor de 250 mulleres das Asociacións de MM.RR. integradas en Femuro, reuníronse na Mezquita para conmemorar a loita da muller co propósito de facer visible o seu papel no desenvolvemento económico e social no medio rural.