FEMUROS COAS ASOCIACIÓNS – ENCONTROS – FEMUPO – 2024
O III Encontro de Mulleres que baixo o nome “MULLERES MAIÚSCULAS”, reuniu a 80 mulleres das provincias de Ourense e Pontevedra. Durante a fin de semana do 4-5-6 de Outubro este grupo de mulleres compartiron momentos e vivencias en boa compañía, tecendo novas redes e pasando momentos para a lembranza.
Arrancamos esta fin de semana o venres 4. Chegamos á Residencia de Tempo Libre de Panxón ás seis da tarde e ás sete, tras instalarnos cada unha na habitación asignada, acudimos ao acto de benvida protagonizado por representantes de FEMUPO e FEMURO, que presentaron a programación da fin de semana e deron paso a Yolanda Domínguez, que sería a encargada das charlas e talleres do sábado día 5.
![]() |
![]() |
Tras unha tarde de presentacións e primeiras impresións, pola noite tivemos continuamos con dinámicas de coñecemento e distensión, as que o preferiron desfrutaron da película Dirty Dancing ( par introducirnos na temática da gran festa que nos esperaba na noite do sábado) e outras optaron por xogos de mesa e o tradicio nal Bingo das noites de FEMURO.
O sábado comezámolo cun bo almorzo e un rato de tempo libre para poder desfrutar dando un paseo pola praia. Ás 11.00 Yolanda Domínguez, artista visual, fotógrafa e comunicadora experta en igualdade, autora de libros como “ Maldito Estereotipo” ou “Las mujeres facturan”, quen impartiu a charla “Superando as avoas de La Cocinera” onde analizou o papel da muller na publicidade, pondo de manifesto os estereotipos vixentes que é preciso deixar atrás.
Pola tarde, no taller “Rachando os malditos estereotipos” tivemos sesión de gravación para a montaxe dun fermoso vídeo que pon de manifesto como a sociedade nos ve ás mulleres, e como realmente somos e deberíamos ser consideradas.
![]() |
![]() |
Podedes ver o fermoso resultado deste gravación no seguinte enlace de Youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=WsP5pt0cgKA
Durante a fin de semana recibimos a visita da Directora Xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana e o Director Xeral de Familia e Infancia, Jacobo Rey
Tras un día duro de traballo e reflexións, chegou o momento da diversión e de pasalo ben trasladándonos a unha fermosa década como foi a dos anos 80.
Unha festa por todo o alto onde non faltou comida, bebida e moita troula.
Por último o domingo almorzamos e saímos cara Valença do Miño, onde tivemos tempo libre para ir de compras, pasear… Despois xantamos en Vilanova de Cerveira e demos por finalizada unha fin de semana chea de momentos para a lembranza.