25N

Hoxe, no día Internacional contra a Violencia de Xénero, reunímonos para CONDEAR esta pandemia que afecta a millóns de mulleres de todo o mundo e de todos os ámbitos da sociedade, sen excepcións de ningunha índole. A Violencia Machista, expresión de normas e valores históricos e culturais discriminatorios para as mulleres, está presente de xeito transversal na vida cotiá de todas e todos, de sempre amparada polas persistentes e moi resistentes desigualdades por razón de xénero.

Ao longo da súa vida, unha de cada tres mulleres do mundo, sufrirá algunha variante da Violencia de Xénero: será invisibilizada, cousificada, víctima de trata sexual, anulada psicoloxicamente, violada, padecerá unha agresión física… ou será ASASINADA.

Os datos sobre feminicidios en España, dende 1999 (ano no que e comezan a rexistrar datos) dinnos que 1.478 mulleres foron asasinadas: a última, onte mesmo…  oxalá a derradeira.

Pero as mulleres vítimas de violencia machista son máis que cifras e estadísticas. Asustan as cifras, pero aínda máis, saber que detrás de cada número e nome había unha persoa cos seus medos e sufrimentos, pero tamén soños, esperanzas e proxectos que lle foron arrebatados.

Tristemente, parece que normalizamos, e practicamente xa nin reaccionamos, nin nos inmutamos, cando escoitamos esa habital frase que resoa acotío, tan acotío como que é practicamente todas as semanas e moitas veces máis dunha vez a semana!: “unha muller máis” ou “outra muller máis que aparece morta”…

En primeiro lugar, ningunha das mulleres asasinadas era outra muller máis: tiña persoas que a querían e as que ela tamén quería: familia, amizades, veciños-as, compañeiros-as de traballo, de estudo, fillos e fillas… que a botarán de menos e as que lle fará falla.

E en segundo termo, estas mulleres non morren: MÁTANAS! Cada unha delas ten un asasino que MOI MOI CONSCENTENENTE decide quitarlles a vida porque considera que ten o dereito, e fundamentalmente, ten o poder e a autoridade para facelo.

As violencias por razón de xénero máis visibles e recoñecidas son o asasinato e a violencia física, pero outras violencias que son preámbulo desta pasan desapercibidas: a simbólica, a psicolóxica, a sexual, a que exerce a comunidade, a patrimonial, a institucional, a ciberviolencia, a preferencia polos fillos varóns, a ablación…

Por cada vez que minimizamos, desacreditamos, cuestionamos, miramos cara outro lado e incluso xustificamos, calquera acto de violencia baseada no xénero, estamos promovendo que a violencia machista avance e que nos siga gañando esta ancestral, inxusta e desangrante batalla que promove século tras século, día tras día, empregando e renovando continuamente os seus medios para logralo. A sociedade no seu conxunto debemos adquirir un verdadeiro compromiso de NON TOLERANCIA e REPUDIO TOTAL ante o maltrato e calquera expresión de Violencia Machista, porque son o caldo de cultivo que finalmente levan á morte ás mulleres. URXE, é necesario e indispensable que todas e todos sexamos capaces de discernir as discriminacións e desigualdades por razón de xénero pq son a base sobre as que medra esta Violencia que se exerce cara as mulleres. O Estado, a Xustiza, as Administracións, os Centros Educativos, os Centros Médicos… a CIDADANÍA ó completo, debemos deixar de mirar para outro lado e loitar unidxs para desterrar das nosas vidas a Violencia Machista e deste xeito, non ser nunca mais CÓMPLICES.

Por cada silencio que gardamos despois de cada agresión machista agáchase o noso conformismo e tolerancia a esta lacra social e xa é hora de afirmar contundentemente que:NIN UNHA MENOS!!  LIBRES, VIVAS e SEN MEDO NOS QUEREMOS!

É difícil abrir a porta de saída da Violencia de Xénero. Oxalá as sobrevivintes sempre podan contar con unha man que as axude e apoie para conseguilo e deixen, dunha vez por todas, de atoparse coas cancelas da excesiva burocracia, a falta de medios axeitados e persoal formado e sensibilizado… pero que tampouco choquen coas barreiras da Revictimización, o señalamento e a dúbida. Só deste xeito poderán camiñar cara unha vida sen violencia e o “NIN UNHA MENOS!” se fará unha realidade.

Hoxe, 25 de novembro e todos os días, berremos todas e todos xuntos:  NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!

cropped-andaina-santiago-2.jpg

  (Manifesto do 25 de novembro de 2016 por Ana Prado Gago)