Comunidade educativa

Dende Femuro traballamos cada día por acadar a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas. Por este motivo estamos moi implicadas na coeducación tanto no ámbito familiar como escolar. Dende a nosa entidade ofertamos actividades de sensibilización en igualdade tales como:

  • Actividades de igualdade en todos os niveis educativos: contacontos, sexualidade, 25N e 8M, visibilización de mulleres, xogos….
  • Formación en escolas de familia: obradoiros de como educar en igualdade no ámbito familiar.
  • Formación ao profesorado sobre como coeducar nas escolas ou formación específica sobre algún tema máis concreto, algunha actividade….
 
  • Asesoramento sobre como levar a cabo, dende o propio centro, iniciativas de igualdade entre o alumnado. Podedes atopar suxerencias de actividades no apartado FEMURO COA INFANCIA/ PROPOSTA DE ACTIVIDADES COEDUCATIVAS. 
  • Exposición de mulleres con historia (ver o apartado da web  “mulleres con historia”) con actividades relacionadas. 

Estamos abertas a calquera proposta de actividade, e suxeitas á disponibilidade segundo as datas escollidas e o persoal dispoñible neses momentos.

Para calquera aclaración, proposta ou reserva de actividade, podedes chamar ao teléfono 988.411390 ou escribir un mail a femuro.ourense@gmail.com/ social@femuro.org