2015

RIBADAVIA, 17 de Outubro

Como cada ano, FEMURO colaborou na conmemoración do Día da Muller Rural. Un acto, que este ano correu a cargo da Asociación de MM.RR “Nosa Señora do Portal”, de Ribadavia.
O día 17 de Outubro, 400 mulleres das Asociacións de MM.RR integradas en FEMURO, reuníronse en Ribadavia para conmemorar a loita da muller co propósito de facer visible o seu papel no desenvolvemento económico e social do medio rural.
As mulleres foron recibidas ás 10:30 na Alameda de Ribadavia, desde donde foron acompañadas a almorzar antes de comezar unha intensa xornada chea de actos e actividades.
O punto de inicio foi a Praza Maior, donde as agardaban guías para amosarlles os encantos e a historia desta fermosa vila.
Tras un percorrido dunha hora aproximadamente, as mulleres remataron o paseo na Casa da Cultura de Ribadavia, onde inaugurou o Acto a Secreataria Xeral da Igualdade, Dna. Susana López Abella, acompañada por representantes da administración local e provincial, e por suposto, da presidenta de FEMURO, Dna. Maribel Garrido Blanco, e sempre estando como anfitrioa a presidenta da Asociación de MM.RR “Nosa Señora do Portal”, Dna. María Martínez Abal.

A continuación, as mulleres puideron desfrutar da representación Teatral “Pementeiras” do Grupo Xoré Teatro, subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade, para rematar cun xantar de confraternidade no que compartiron momentos e intercambiaron o vivido durante o día, rematando cunha sesión de distensión e baile.
Para o xantar, puidemos contar coa presenza da Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Dna. María Amparo González, que nos acompañou e nos deu ánimos para seguir traballando desde as Asociacións de MM.RR.