2016

Do 27 de Xuño ao 2 de setembro, en horario de 8 a 15 horas, Femuro puxo en marcha unha ludoteca infantil, que pretendeu conciliar a vida familiar e laboral por un lado, e dotar aos nenos a ás nenas de habilidades e recursos sociais, coginitivos, persoais e relacionais, así como ser unha alternativa de ocio durante as longas vacacións estivais.

As familias escollidas para participar neste programa foron, prioritariamente, familias vulnerables, en situación ou risco de exclusión social.

Nesta actividade participaron un total de  25 nenas e nenos, de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, e consistirá na realización de xogos, manualidades, excursións, obradoiros (sobre primeros auxilios, sobre alimentación, sobre saúde…), reforzo escolar, hábitos saudables, traballo de emocións e hablidades sociais, etc.

Dos 25 nenos e nenas, 10 participaron, unha vez que rematadas as actividades da mañá, no comedor Social.

O Comedor Social Infantil puidose levar a cabo grazas as doazóns da Denominación de Orixe Monterrei, algunhas asociacións de mulleres rurais e aportacións individuais.