Xornadas de emprendemento no rural
Estas Xornadas son complementarias ás de Desenvolvemento Rural celebradas por FEMURO e teñen como obxectivo amosar en situ as diferentes iniciativas de emprendemento no rural expostas en ditas xornadas, e que están xestionadas na súa maioría por mulleres.
A primeira edición tivo lugar no ano 2013 visitando a “Granxa Maruxa”, un proxecto que aposta pola gandaría ecolóxica en Cumbraos-Monterroso.
Estas xornadas teñen como duración un día e ademais da visita ás instalacións das diferentes iniciativas empresariais inclúe de forma complementaria o coñecemento do patrimonio material e inmaterial galego da zona.
Nos dous últimos anos estas xornadas non se puideron levar a cabo pero dende FEMURO queremos continuar celebrándoas xa que é unha maneira de amosar o noso entorno galego e visibilizar cómo o medio rural constitúe unha alternativa de negocio.