2019

Como cada ano FEMURO levou a cabo a conmemoración do 8 de Marzo,  Día Internacional da Muller, xunto coas asociacións de mulleres rurais adheridas á entidade, que disfrutaron de distintas actividades. 

Por unha banda, diversas asociacións de mulleres rurais integradas en FEMURO uníronse á campaña que desenvolvemos  este ano baixo o lema “UN PASO MÁIS CARA A IGUALDADE”, na que participaron na elaboración dun vídeo no que interpretaban diferentes coreografías ao ritmo do tema “A QUIEN LLE IMPORTA” de Alaska que foi publicado nas nosas redes sociais o día 8 de marzo ( incluído dentro do Proxecto O Mundo en violeta).

As 19 asociacións que participaron no vídeo foron as seguintes: 

Asoc. De MM.RR “Arcos de Valdeorras” de O Barco de Valdeorras; Asoc. MM.RR. “As Candelas” de Pazos- Verín; Asoc. MM.RR “Arnoia” de Arnoia; Asoc. MM.RR. “Nosa Señora do Portal” de Ribadavia; Asoc. MM.RR. “San Pedro” de Queizás- Verín; Asoc. MM.RR “Santa María de Tamagos” de Tamagos-Verín; Asoc. MM.RR  “A Esperanza” da Salgueira-Monterrei; Asoc. MM.RR. “Tres de Maio” de Laza; Asoc. MM.RR. “A Carballa” de Rairiz de Veiga; Asoc. MM.RR.”Flor da Xesta” de Verín; Asoc. De MM.RR. “25 de Xullo” de Albarellos; Asoc.MM.RR. “A Rubideira” de O Reino; Asoc. MM.RR “O Patio de Melo” de Abedes; Asoc. MM.RR “San Salvador da Roza” de Medeiros; Asoc. MMRR. “Silvardeira” de Allariz; Asoc. MM.RR. “O Toural” de Mandin; Asoc.MM.RR. “Sarreaus” de Sarreaus; Asoc. MM.RR. “Sta Eulalia de Montes” de Montes; Asoc. MM.RR. “Cruceiro Gordo” de Melón.

 

Ademáis do anterior, leváronse a cabo diferentes actos repartidos por COMARCAS  durante todo o mes de marzo e abril co fin de  reivindicar os dereitos das mulleres e a importancia da súa loita por acadalos, querendo deste xeito favorecer o seu desenvolvemento íntegro como persoa, visibilizando e poñendo en valor a súa participación tanto no espazo público como no privado.

As actuacións desenvolvidas foron as seguintes:

COMARCA DO RIBEIRO:

Nesta localidade celebramos o acto o día 16 de Marzo no Balneario de Arnoia, contando con Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade, que defendeu a necesidade de seguir fomentando a presenza feminina nos ámbitos de liderado e decisión do medio rural co fin de que as mulleres alcancen a representatividade que lles corresponde.

 Posteriormente tivo lugar a actuación “Igual a Nós”, cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo avogar pola igualdade entre homes e mulleres e pola prevención de violencia de xénero, especialmente entre as xeracións de máis idade. O acto foi clausurado por Dna. Mª Isabel Garrido Blanco, presidenta de FEMURO. Finalmente houbo un xantar de confraternidade para as asistentes.

O número total de participantes en Ribeiro foi de 100 mulleres.

 

COMARCA DE VERÍN:

Na mesma data que no caso anterior, en Verín celebramos os actos nun restaurante no que se levou a cabo en primeiro lugar un xantar de confraternidade e posteriormente igual que na comarca do Riberio a actuación  “Iguales a Nós”, cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Neste caso a participación ascendeu a 122 mulleres.

 

COMARCA DA LIMIA:

Esta xornada tivo lugar o 17 de Marzo e foi organizada por FEMURO. Nesta ocasión 60 mulleres pertencentes ás Asociacións de MM.RR da comarca de A Limia reuníronse na Casa da Cultura desta localidade onde se proxectaron diversos vídeos musicais realizados polas propias asociacións federadas e centros educativos de diferentes puntos da provincia de Ourense. Posteriormente levouse a cabo un xantar de confraternidade.

 

COMARCA DE VALDEORRAS:

A Asociación de MM.RR. San Martiño de Viloira integrada en FEMURO organizou as actividades nesta localidade (xantar de confraternidade e charla sobre as actividades que promove a entidade), que tiveron lugar o 23 de Marzo e nas que a afluencia foi de 124 mulleres

 

COMARCA DO CARBALLIÑO:

Este último acto, organizado pola Asociación de MM.RR. A Rubideira do Reino xunto con FEMURO, foi inaugurado o 13 de Abril por Dna. Elsa Pajarín Ricoy, presidenta da citada asociación,  Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, Deputada de igualdade da Deputación de Ourense e Dna. Mª Isabel Garrido Blanco, presidenta de FEMURO. A participación foi de 106 mulleres, que disfrutaron da actuación teatral a cargo do grupo de Teatro da Asociación de MM. RR. “A Rubideira” e dun xantar de confraternidade

 

Podedes ver a continuación o desenvolvemento dos distintos actos: