Aula móbil

Como xa sabedes todas, FEMURO dispón dunha AULA MÓBIL, dispoñible para tódalas asociacións de mulleres federadas que a precisen.

Este servizo pretende facer máis curto o camiño para chegar ás novas tecnoloxías que, a miúdo se ven tan lonxanas, ben por non poder acceder a elas dende as súas aldeas, ou ben porque lle teñen medo ao descoñecido.

No ano 2015 fixeron uso da Aula diversas Asociacións que elexiron cursos de informática na oferta formativa que plantexou FEMURO a principios de ano:

  • Asociación de MM.RR Adiante, de A Xironda
  • Asociación de MM.RR Veigamuiños, de O Barco
  • Asociación de MM.RR Da Raia, de Baltar

AULA MOBIL BALTAR