Foro da igualdade
O FORO DA IGUALDADE xurdiu no ano 2004 como unha das actividades centrais e base de FEMURO que continúa ano tras ano con gran acollemento.
Trátase dun encontro ANUAL dirixido ás asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense, integradas en FEMURO. O Foro pretende ser un espazo a través do cal conxúgase a formación, o diálogo, a reflexión e o intercambio de experiencias entre as diferentes asociacións de mulleres e onde o seu obxectivo fundamental é visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real entre mulleres e homes.
O foro ten de duración unha fin de semana, normalmente entre abril e maio. Inicialmente comezouse levando a cabo nas Residencias de Tempo Libre da Xunta no Carballiño e en Panxón. Dende hai uns anos o Foro estase a celebrar en diferentes puntos da Comunidade Autónoma (A Coruña, Pontevedra, Vigo,..) e incluso levouse a cabo por primeira vez no ano 2017 en Chaves (Portugal) aproveitando a coñecer a cultura doutros lugares.
Cada ano o Foro trata diferentes temáticas dentro da Igualdade abordadas por persoas expertas. Conta ademais co apoio e presenza da Secretaría Xeral da Igualdade no mesmo.