Femuro coa infancia – Femuro verán – 2020

Este ano, debido á situación excepcional da COVID 19, as actividades de verán coa infancia quedaron moi reducidas, tanto en número de nenos e nenas como en días que se levou a cabo.

Durante os meses de Xullo e Agosto, os luns e mércores, un grupo de como máximo 12 nenos e nenas, participaron en diferentes actividades lúdicas: xogos, cociña, elaboración de máscaras personalizadas, cine, contacontos, Batukada (xogos de auga), teatro, zumba, elaboración de xabóns…

Todas elas leváronse a cabo con estrictas medidas de seguridade, maioritariamente en espazos abertos, e, a pesares de todo, con moita emoción polos reencontros e interaccións que tanto lles facían falta. 

UN VERÁN DIFERENTE, PERO SE CABE, MÁIS EMOCIONANTE QUE NUNCA!!