2018

 

 

Actividades enmarcadas dentro do proxecto “O mundo en violeta” (apartado programas sociais)

 

  • ACTIVIDADES EN CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO (DÍA INTERNACIONAL DA MULLER): Na semana do 8 de marzo, realizamos actividades de visibilización de mulleres importantes na historia nos C.E.I.P. Amaro Refojo de Verín, en 1º, 5º e 6º de primaria e no C.E.I.P. Castro Casares Xinzo de Limia en 2º de primaria e nas propias actividades infantís de Femuro ( Reforzo e moito máis). 

Nenos e nenas coñeceron as historias de Ada Byron (primeira programadora informática da historia), Frida Khalo (pintora mexicana), Jane Goodall (primatóloga e antropóloga defensora do medio ambiente),Malala (activista defensora da educación e os dereitos de nenos e nenas e a persoa máis nova en gañar un premio Nobel) e Mary Shelley (autora da novela Frankestein). 

Deste xeito demostramos que, non é que ao longo da historia non houbera mulleres importantes… so hai que rebuscar un pouquiño para ver que houbo centos delas. Desgraciadamente á historia non lles reserva tantas páxinas como debería…

  • I FEIRA VIOLETA DE MULLERES INVENTORAS E DESCUBRIDORAS. Proposta a diferentes centros educativos de Verín e Xinzo, esta feira consiste nun traballo trimestral por clases, nos que cada  grupo traballa unha muller importante da historia (inventora ou descubridora) e ao final de curso plasman dito traballo nun stand, formando así unha feira cos diferentes postos de visibilización de mulleres, dando a coñecer o seu traballo e a súa aportación á historia da humanidade.