2019

 

Por cuarto ano consecutivo levamos a cabo a actividade FEMURO VERÁN, esta vez coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.

 Trátase dun servizo de conciliación para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Este proxecto desenvolveuse durante os meses de Xullo e Agosto en horario de mañá atendendo a un total de 20 nenas e nenos e ás súas familias.

 

En liñas xerais, as temáticas das actividades levadas a cabo foron as seguintes:

Dinamización do tempo libre: xogos cooperativos, xogos deportivos, manualidades, saídas polo Concello e por entornas próximas (Balneario de Sousas, Fontenova, Tintores …).

Reforzo de habilidades sociais: autoestima, relacións cos demais, empoderamento, reforzo positivo, asertividade, empatía, seguridade…

Actividades puntuais e transversais relacionadas coa igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, co respecto a outras culturas e respecto ao medio ambiente.

Actividades artísticas e musicais.

Historia de mulleres nas distintas disciplinas: artistas, científicas, escritoras.

Animación á lectura, a través de lecturas respectuosas, non sexistas, sen violencia e con valores positivos.

Iniciación á historia do arte: coñecemento de grandes obras artísticas coñecidas e non tan coñecidas.

Xeografía divertida: a través de proxectos enfocados a diferentes países e culturas.

Saídas e excursións: na contorna de Verín, a provincia de Ourense e Pontevedra (Centro Apípolis, Adega Crego e Monaguillo e Parque Multiaventura “Os tres reinos” na Mezquita).