2016

Como cada ano Femuro organizou e participou en diferentes actos pola conmemoración desta triste data:

A campaña de sensibilización deu comezo o  dia 23 de novembro na feira de Verín. Para elo dende FEMURO, acudimos durante toda a maña ás rúas repartindo folletos informativos sensibilizando sobre esta problemática e entregando pulseiras para visibilizar o rexeitamento. Deste xeito quixemos achegarnos o máximo posible á cidadanía.25n 2016

Como novidade, dado que este 25 de novembro coincidía co Black Friday tamén repartimos carteis e folletos nas tendas de Verín para informar e animar á xente a unirse os actos programados. 

Así mesmo, acudimos á radio local de Verín unha técnica social de FEMURO, onde falamos desta problemática e da importancia da colaboración e cooperación de todos os axentes e da poboación para facer fronte a esta lacra social.

Ás 20.30 horas, tivo lugar diante do Concello de Verín a concentración. Previamente realizamos a colocación dos cadáveres das mulleres asasinadas en España ó longo do ano 2016 na praza da Concello coa fin de que a poboación visibilizase e tivera plena conciencia do inxente número o  que ascendía  as vítimas de violencia machista, buscando o maior impacto e sensibilización.

O acto continuou coa lectura dun manifesto e dun poema no que se revindicaba a necesidade dunha maior implicación social e institucional para a erradicación da violencia de xénero. (Pódese ler íntegro na páxina principal do 25N).

Outras actuacións que se levaron a cabo en FEMURO para conmemorar este día:

  • Coas asociacións federadas:

Por segundo ano consecutivo continuamos na liña proposta o ano pasado debido á gran participación e implicación por parte das asociacións federadas nesta iniciativa onde o obxectivo é facer algo simbólico en común onde a distancia xeográfica non supoña un problema. A proposta base é que as mulleres das asociacións se reúnan este día ben no seu local ou nun lugar relevante do pobo respectivo nun acto simbólico de sensibilización e repulsa ante a violencia de xénero coa finalidade de que a sociedade tome conciencia desta problemática social. En concordancia coa iniciativa levada a cabo desde FEMURO co CIM  de Verín propúxose que ao acto se acudise  DE LOITO. Coas fotos enviadas polas asociacións que participaron, dende FEMURO elaboramos un vídeo que difundimos nas nosas redes sociais o 25 N.

AS ASOCIACIÓNS PARTICIPANTES FORON AS SEGUINTES:

     “Córgomo” de Vila Martín de Valdeorras; “Fonte do Sapo” da Rasela; “San Miguel de Espiñoso”; “Santa Eulalia de Montes”; “Arcos de Valdeorras”; “Santa María de Tamagos”;  “Adiante” da Xironda; , “San Salvador da Roza” de Medeiros;  “Esperanza” da Salgueira; “Arnoia”; “A Veiga”; “25 de Xullo” de Albarello; “Veigamuiños” de O Barco; “Santa María de Tamagos”.

 

  • nos cursos/proxectos que leva a cabo femuro durante o ano:

Este ano, ademais FEMURO, contou coa colaboración das alumnas do Curso de “Procesos grupais e educativos no Tempo de Lecer e Xuvenil” que está a impartir a nosa entidade dentro do Programa de Inclusión Social.20161123_165208

 Dentro do curso e a través do módulo transversal de: “Accións positivas en prol da igualdade”, organizamos un obradoiro teórico-práctico onde ademais da impartición da parte teórica sobre conceptos básicos de xénero e diferentes tipos de violencia, colaboraron na elaboración e posta en escena dos cadáveres das mulleres asasinadas ao longo do 2016 que se expuxo na praza do Concello de Verín o día 25 de Novembro.

  • coa infancia:

Tamén nos xurdiu a posibilidade de realizar actividades relacionadas coa conmemoración do 25 N con nenos e nenas de Infantil do CEIP Amaro Refojo de Verín. Persoal de FEMURO xunto coas alumnas do Curso de “Procesos grupais e educativos no Tempo de Lecer e Xuvenil” que está a impartir a nosa entidade dentro do Programa de Inclusión Social, traballou con eles/as o conto “A bruxa enrabechada”

E tamén, na Biblioteca Municipal de Verín, onde, cos nenos e nenas que habitualmente participan nas actividades de dinamización da Biblioteca e máis os nenos e nenas de “Reforzo Escolar e moito máis” de Femuro, desenvolvéuse unha actividade de Contacontos coas obras ARTURO E CLEMENTINA e O DRAGÓN ZOG. Analizáronse as imaxes dos contos e a historia que trata (unha historia sobre o maltrato psicolóxico, no primeiro conto e de ruptura de estereotipos sexistas no segundo) , facéndoos/as pensar e reflexionar sobre o tema , si está ben ou mal, e como deberían ser as cousas.

conta contos biblio

  • participación na actividade organizada pola s.xi para este día:

Un ano máis FEMURO quixo volver estar presente na Andaina “Camiño ao respecto” que organizou a Secretaría Xeral da Igualdade o día 27 de Novembro de 2016 en Santiago de Compostela.

Para elo, FEMURO e parte das súas asociacións cun total de 35 persoas, desprazámonos  ata o Monte do Gozo en Santiago para participar na andaina “Camiño ao Respecto” de 6 km: un camiño cara a erradicación da violencia contra as mulleres que a vez simboliza un camiño de esperanza e de recordo para todas as vítimas da violencia machista.

AS ASOCIACIÓNS PARTICIPANTES FORON AS SEGUINTES:

Abelendas das Penas, Santa María de Maceda, Santa María de Tamagos, Patio de Melo, A Lagoa, Sarreaus , Asociación Tres reinos.

  • Asistencia ao visionado do documental “chicas nuevas 24 horas” con Mabel Lozano:

O 28 de Novembro, no Auditorio Municipal de Verín, organizado polo CIMM, Mabel Lozano, directora de dito documental, presentouno e fixo un debate coloquio cos institutos de Verín. As traballadoras de Femuro asistiron como oíntes a este interesantísimo debate e escoitaron as reflexións de Mabel Lozano:

– “La trata no es un problema. Es un delito que vulnera todos los derechos humanos”.
– “Se trata de captar a la más guapa, a la más joven, a la más vulnerable”.
– “La prostitución no es el oficio más antiguo del mundo. Lo más antiguo es mirar hacia otro lado”.
– “No son putas. Son mujeres prostituidas”.

Que cadaquen faga a súa reflexión….

IMG_0506