2017

Neste ano 2017 decidiuse conmemorar esta data por Comarcas onde FEMURO posúe asociacións de MM.RR. federadas por toda a provincia de Ourense facendo deste xeito que a distancia xeográfica non sexa un obstáculo e poidamos participar na conmemoración deste día tan importante para todas nós.

Para elo durante todo o mes de marzo en diferentes datas leváronse a cabo diversos actos organizados por FEMURO en cinco Comarcas: Monterrei, O Ribeiro, A Limia, O Carballiño e O Barco de Valdeorras, contando coa colaboración de diferentes asociacións das citadas zonas.

O sábado día 11 de marzo leváronse a cabo os primeiros actos nas Comarcas de Monterrei e O Ribeiro.

Na COMARCA DE MONTERREI participaron ao redor de 200 mulleres procedentes de 15 asociacións da zona: Asoc. De MM.RR As Candelas, Asoc. MM.RR San Pedro, Asoc. MM.RR Airiños da Terra, Asoc. MM.RR Fonte do Sapo, Asoc. MM.RR Patio de Melo, Asoc. MM.RR A Esperanza, Asoc. MM.RR. 25 de Xullo, Asoc. MM.RR. Santa Eulalia de Montes, Asoc. MM.RR. A Ribeira, Asoc. MM.RR. Santa Mª de Tamagos, Asoc. MM.RR. O Recuncho, Asoc. MM.RR. San Salvador da Roza, Asoc. MM.RR Tres de Maio, Asoc. MM.RR. Adiante, Asoc.MM.RR O Toural.

As participantes foron recibidas polas representantes de FEMURO desta Comarca, en concreto inaugurou o acto Dna. Concepción Delgado Rodríguez, vogal de FEMURO para a levar a cabo os actos principais desta xornada no Auditorio de Verín, cedido polo Concello de Verín para esta ocasión. Seguidamente procedeuse á lectura dun manifesto a cargo de Ana Prado Gago, técnica social de FEMURO e especialista en igualdade de xénero, dando paso á intervención de Dna. Emilia Somoza, Concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín que relatou ás participantes no encontro a súa experiencia como muller e as dificultades coas que se atopou ao longo da súa vida por ser muller.

Tralas intervencións, a ilusionista Fani Triana ofreceu ás asistentes o seu espectáculo “Maxia pola igualdade”, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Para rematar a xornada as mulleres intercambiaron as súas experiencias nun xantar de confraternidade e tempo de baile.

A COMARCA DO RIBEIRO contou cunha participación de case 100 mulleres integradas polas asociacións: Asoc. De MM.RR Nosa Señora do Portal, Asoc. MM.RR Arnoia, Asoc. MM.RR  A Carballeira, Asoc. MM.RR Castrelo de Miño, Asoc. MM.RR Cova da Moura, Asoc. MM.RR Sta Mª de Macendo. O acto foi inaugurado en representación de FEMURO por Dna. Mª Isabel Garrido Blanco, acompañada de Dna. María Martínez Abal, tesoureira da entidade. As asistentes puideron desfrutar da Representación Teatral “Os pintores non teñen recordos” a cargo do Grupo de Teatro de Castrelo de Miño seguida dun xantar de confraternidade e baile.

Na COMARCA DA LIMIA levouse a cabo o domingo 12 de marzo acollendo a 60 mulleres pertencentes ás asociacións: Asoc. De MM.RR As Sabelas, Asoc. MM.RR. A Carballa, Asoc. MM.RR. A Lagoa, Asoc. MM.RR. Sarreaus. Os actos tiveron lugar na Casa da Cultura de Xinzo onde baixo o lema: “Quen dixo que as mulleres non podemos?” fíxose unha análise sobre como aprender a identificar os “micromachismos” presentes na sociedade actual e ser conscientes de que o xénero das persoas non delimita a súa capacidade laboral. A xornada dividiuse en dúas partes. Unha primeira introdutoria na que se tratou de dar visibilidade os grandes logros da historia obtidos por mulleres como Concepción Arenal, Frida Khalo ou Virginia Wolf. Na segunda parte tres mulleres que desempeñan “actividades laborais consideradas tradicionalmente de homes” relataron ás presentes as súas vivencias e dificultades para destacar nas súas profesións, onde en moitas ocasións foron discriminadas polo seu xénero. Finalizouse cun xantar de confraternidade, un espazo de reflexións e intercambio de experiencias entre as mulleres. 

Na COMARCA DO CARBALLIÑO o sábado 18 de marzo xuntáronse máis de 100 mulleres pertencentes a diferentes Asociacións de MM.RR da Comarca: Asoc. De MM.RR. A Rubideira, Asoc. MM.RR A Revolta, Asoc. MM.RR A Madanela, Asoc. MM.RR Progresistas, Asoc. MM.RR. Santa Rita de Dacón, Asoc. MM.RR. Santa Agueda. Neste caso as mulleres foron recibidas pola Presidenta de FEMURO, Dna. Mª Isabel Garrido Blanco e vicepresidenta de FEMURO, Dna. Elsa Pajarín Ricoy, acompañadas de Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, Deputada de Igualdade da Deputación de Ourense e Dna Elena Freijedo, Concelleira do Concello de Piñor.

De seguido o Grupo de Teatro da Asociación de MM.RR. Rubideira de O Reino deleitou a todas as presentes coa representación da obra: “O Parque de San Antonio” o resultado do seu traballo e esforzo de meses, para rematar o acto cun xantar de confraternidade e baile.

As COMARCAS DO BARCO DE VALDEORRAS E CONSO FRIEIRAS reuníronse a última fin de semana de marzo, o sábado 25 e participaron máis de 100 mulleres pertencentes as seguintes asociacións: Asociación de MM.RR Córgomo, Asociación de MM.RR Veigamuiños, Asociación de MM.RR Arcos de Valdeorras, Asociación de MM.RR Entoma, Asociación de MM.RR A Veiga, Asociación de MM.RR San Martiño.

A Xuntanza foi inaugurada pola presidenta de FEMURO, Mª Isabel Garrido Blanco, a vicepresidenta Elsa Pajarín Ricoy e a presidenta da asociación de MM.RR. Corgomo, Mª Dolores Arias.

Levouse a cabo unha homenaxe a varias mulleres dalgunhas das asociacións presentes polo traballo e implicación co colectivo.

Así mesmo aproveitouse a xornada para prestar apoio á loita contra o cancro a través da venda de rifas para participar na campaña de micromecenazgo para a investigación sobre a biopsia líquida, un proxecto que o oncólogo vilamartinés Rafael López presentaba a comezos de marzo no Barco.

A xornada rematou cunha comida de fraternidade e baile