Que é FEMURO
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) nace no ano 1998 co fin de integrar ás diferentes asociacións de mulleres rurais que se atopaban diseminadas en núcleos rurais da provincia de Ourense, para xuntas poder aunar recursos e facer máis forza.
Comezamos con 12 asociacións das Comarcas de Monterrei, Ribeiro e O Carballiño.
Pasados os anos dende os seus comezos, FEMURO conta na ACTUALIDADE CON 68 asociacións de mulleres rurais federadas de todo o ámbito xeográfico ourensano, de xeito que hoxe en día esta entidade integra aproximadamente a unhas 7.000 mulleres do medio rural da provincia de Ourense.