25N – 2021

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN POLO 25N “MicroOuMacro?:MACHISMO”: EN CENTROS EDUCATIVOS, COA POBOACIÓN DE VERÍN E COAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DA PROVINCIA DE OURENSE.

Este ano englobamos as distintas iniciativas realizadas polo día contra as violencias machistas baixo o lema “MicroOuMacro?:MACHISMO”, co que pretendemos visibilizar diferentes discriminacións cara as mulleres que ocorren no día a día e que, aínda que sutís, supoñen o caldo de cultivo para a violencia de xénero.

 

As actividades levadas a cabo foron as seguintes:

COAS ASOCIACIÓNS FEDERADAS:

Continuando a liña de anos anteriores, realizamos coas mulleres rurais un vídeo no que se recompilan decenas de micromachismos que nos afectan directa ou indirectamente e no que reflexamos as consecuencias desta forma de violencia invisible e as ferramentas a empregar para combatelos e lograr eliminalos.

O vídeo foi compartido por whatsapp coas participantes e tamén se colgou na plataforma de Youtube e nas redes sociais de FEMURO (Facebook e Instagram) para así chegar á poboación xeral. Pódese acceder ao seu visionado a través do seguinte enlace: Micromachismos

A participación, como ven sendo habitual ao longo dos anos, foi moi elevada, sendo aproximadamente 200as mulleres que aportaron o seu gran de area nesta actividade e que pertencen as seguintes asociacións:

Asoc. MM.RR. “25 de Xullo” (Albarellos, Monterrei); Asoc. MM.RR. “Fonte do Sapo” (A Rasela, Verín); Asoc. MM.RR. “Flor da Xesta” (Verín); Asoc. MM.RR. “Patio de Melo” (Ábedes, Verín); Asoc. MM.RR. e Consumo “Tres de Maio” (Laza); Asoc. MM.RR. “San Pedro” (Queizás, Verín); Asoc. MM.RR. “ O Cruceiro” (Matamá, Laza); Asoc. MM.RR. “As Abelairas” (Taboadela, Allariz); Asoc. MM.RR. “Adiante” (A Xironda, Cualedro); Asoc. MM.RR. e Consumo “San Salvador da Roza” (Medeiros, Monterrei); Asoc. MM.RR. “Santa Rita de Dacón” (Maside); Asoc. MM.RR. de Feces de Abaixo “As Raiotas” (Feces de Abaixo, Verín); Asoc. MM.RR. “Xestas e Toxos” (A Gudiña); Asoc. MM.RR. “Fonte do Ouro” (Sandín, Monterrei); Asoc. “Os Tres Reinos” (A Mezquita); Asoc. MM.RR. “Sarreaus” (Sarreaus); Asoc. MM.RR. “As Candelas” (Pazos, Verín); Asoc. MM.RR. “A Carballa” (Rairiz De Veiga); Asoc. MM.RR. de “Arcos de Valdeorras” (Vilamartín de Valdeorras); Asoc. MM.RR. “Da Raia” (Baltar); Asoc. MM.RR. “Santa María de Tamagos” (Tamagos, Verín); Asoc. MM.RR. “Pegureiras” (Allariz); Asoc. MM.RR. “Nosa Señora do Portal” (Ribadavia); Asoc. MM.RR. “País do Riós” (Riós); Asoc. MM.RR. “Arracada” (Vilar e Santos); Asoc. MM.RR. “As Minas” (Feces de Cima, Verín).

 

CO ALUMNADO DE CENTROS EDUCATIVOS:

A realización de vídeos musicais foi a primeira iniciativa que levamos a cabo cos nenos e nenas do CEIP Amaro Refojo (Verín) e CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia).

No primeiro caso, as nenas e nenos de Educación Infantil e Educación Primaria (aproximadamente 250 alumnas/os) reivindicaron a igualdade e a fin das violencias machistas a través da canción “Violeta” do grupo Dakidarría: CEIP Amaro Refojo

No CEIP Carlos Casares contamos coa participación do alumnado de 5º de Educación Infantil e coas súas nais e avoas, que crearon un fermoso vídeo que pon de manifesto que o respecto, a educación e os valores son a base para previr as violencias machistas coa canción “Nais e Avoas” de Pauliña a malfalada :CEIP Carlos Casares

Así mesmo, desprazámonos ao CEIP Princesa de España (Verín) para realizar actividades de sensibilización co alumnado de 4º de primaria. Para elo empregamos o conto “El Tesoro de Ofelia” e, tras a súa lectura e reflexión, realizamos unha manualidade na que cada nena e neno creou unha pinza coa súa pirata personalizada.

 

COAS NENAS E NENOS DE LUDOFEMURO E DA ANPA CEIP CARLOS CASARES:

Ludofemuro é o programa de conciliación que levamos a cabo ao longo de todo ano e no que, a través de distintas actividades, traballamos valores transversais cos que pretendemos que as nenas e nenos crezan con capacidade crítica para identificar e combater as violencias machistas. Polo 25N, concretamente, realizamos un vídeo no que recollemos as reflexións das e dos pequenos sobre aspectos como o machismo na vida diaria, na infancia, na música…; co fin de reflexar que dende cativos/as existen este tipo de actitudes sexistas e desigualitarias. Nesta actividade tamén contamos coa participación dos nenos e nenas da ANPA do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia.

O vídeo atópase na nosa canle de Youtube e pódese acceder a el a través do enlace: Reflexións nenos e nenas sobre feminismo

 

CO ALUMNADO DA ESA:

Neste caso realizamos unha serie de carteis reivindicando a fin das violencias machistas e desprazámonos á concentración que tivo lugar na praza do Concello de Verín o propio 25 de Novembro.

 

CO POBOACIÓN XERAL:

Continuando a iniciativa do ano anterior, e co obxectivo de implicar á poboación xeral, realizamos a través das nosas redes sociais un chamamento para que as persoas que nos seguen nos contasen algún micromachismo que sufriron nalgún momento da súa vida. Coas súas historias fixemos montaxes que compartimos en Facebook e Instagram ao longo do mes de novembro.

 

 

COAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS:

Asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense participaron en xornadas formativas de igualdade de xénero. Nestas, quixemos destacar e analizar os machismos diarios, invisibles (micromachismos) aos que as mulleres (e tamén os homes) nos vemos sometidas a cotío. Despois da formación, gravabamos ás mulleres e elaboramos un vídeo con todas que forma parte da campaña do 25N de este ano 2021.

As asociacións que fixeron as formacións foron as seguintes:

  • MM.RR. Arcos de Valdeorras
  • MM.RR. Cruceiro gordo
  • MM.RR. 25 de Xullo
  • MM.RR. Fonte do sapo
  • MM.RR. Flor da xesta
  • MM.RR. Patio de melo
  • MM.RR. Tres de maio
  • MM.RR. San Pedro
  • MM.RR. Cruceiro
  • MM.RR. Abelairas
  • MM.RR. Adiante
  • MM.RR. San Salvador da Roza.
  • MM.RR. Santa María de Dacón
  • MM.RR. de Feces de Abaixo As Raiotas
  • MM.RR. Xestas e Toxos
  • MM.RR. Fonte do ouro

Participaron un total de 215 mulleres de toda a provincia de Ourense.