2015

25 DE NOVEMBRO “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO”
“Tod@s somos elas”

Todos os anos o 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Un día triste que pon de manifesto unha lacra social que vimos arrastrando desde fai moito tempo, un día que pretende sensibilizar e concienciar á poboación da gravidade desta situación e de non esquecer o sufrimento que moitas mulleres e as súas familias están a vivir.
Durante o ano 2015, máis de 50 mulleres foron asasinadas no noso país, sendo este o resultado máis grave e terrible da desigualdade de xénero, fenómeno que afecta a todos os ámbitos da sociedade e que se manifesta nas súas dificultades para a conciliación da vida laboral e persoal, nas maiores taxas de paro ou na discriminación salarial e na súa escasa participación nos órganos de poder.
Por todas estas razóns  a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense en colaboración co Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín organizamos varias actividades destinadas a conmemorar este día.

andaina santiago