FEMURO COA INFANCIA – FEMURO VERÁN – 2022
Un ano máis levamos a cabo, durante os meses de xullo e agosto, actividades de ocio e tempo libre con 20 nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos; sempre con perspectiva de xénero e tendo como base o feminismo e a igualdade.
O tema central deste espazo foi o planeta, polo que cada semana traballamos un continente diferente acercándonos a aspectos como a gastronomía, a fauna e a flora, o arte ou a arquitectura.
Realizamos actividades variadas entre as que destacamos:
- Visita a parques e espazos naturais da contorna (Sousas, Fontenova, Cabreiroá, río de Verín…).
- Obradoiros de cociña.
- Olimpíadas deportivas.
- Concursos sobre cultura xeral.
- Xogos ao aire libre
- Baño nas piscinas municipais (con entrada gratuíta cedida polo Concello de Verín).
- Recollida de lixo.
- Xestión de emocións.
- Visita ao Museo de Verín.
Tamén realizamos varias saídas recreativas, nalgunhas delas con compañía das familias das nenas e nenos participantes:
- Parque Multiaventura da Asociación Cultural “Os Tres reinos”.
Neste espazo de ocio e deportes vivimos unha mañá chea de adrenalina e enerxía a través da práctica de escalada, xogos de habilidades, tirolina, pirámides tridimensionais… Sumerxidos nun entorno natural.
- Asociación ANDREA, Festival Internacional de Xardíns e zona recreativa de Allariz.
Nesta xornada disfrutamos, xunto coas familias e outros nenos e nenas do C.D.R. Portas Abertas, dunha xornada chea de experiencias. Tras visitar a Asociación ANDREA, adicada a rescatar burros en situación de desamparo que coidan e cos que realizan terapias, paseamos polos 12 xardíns participantes no Festival Internacional. Finalmente comemos e bañámonos no río, aproveitando a natureza e o bo tempo.
- Emerxencias g.s.e e zona recreativa de Laza.
En colaboración co Concello de Laza, as nenas e nenos tiveron a oportunidade de coñecer como son as ambulancias e os coches de bombeiros, aprendendo a apagar incendios e a actuar fronte a diferentes imprevistos.
Tamén disfrutaron dunha tarde de baño e xogos na zona do río. Agradecemos especialmente ao alcalde, José Ramón, a a María e José pola seu tempo e explicacións.
Esta actividade está financiada en parte pola Deputación Provincial de Ourense a través da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas.