2015
VIAXE A “LA RIOJA”
26, 27 e 28 de Xuño de 2015
Como todos os anos FEMURO programa unha viaxe cultural para as Asociacións federadas que queren coñecer as distintas comunidades autonomas de España. Este ano, un grupo de 50 mulleres fomos coñecer “La Rioja”, as súas costumes, o seu patrimonio histórico-artístico e a súa gastronomía.
O día 26 de xuño, saímos cedo en dirección a Logroño, capital da comunidade, situada ás beiras do Ebro e cruce de camiños desde a antigüidade, por donde pasa o Camiño de Santiago.
Paramos para comer en Casalareina, pobo sitado a escasos kilómetros de Logroño, e de seguido, partimos para a cidade, donde, acompañadas por un guía fixemos un percorrido a pé polas rúas, visitando os principais monumentos relixiosos, a “Concatedral de Santa María de la Redonda”, do Século XII e a “Igrexa de San Bartolomé”. Paseamos pola famosa “Calle Laurel” a máis popular de Logroño, donde se consumen “pintxos” acampañados do famoso viño de “La Rioja”. Estivemos no “Centro da Cultura del Rioja”, adicado á cultura do Viño de “La Rioja” e á súa gastronomía.
Este centro foi levantado sobre antigos restos rehabilitados do “Palacio de los Yanguas” no século XVI, en cuia fachada principal simula un botelleiro xigante de Cristal, cor do viño, que se ilumina de noite cun orixinal xogo de luces.
O sábado día 27 pola mañá, saímos cara “San Millan de la Cogolla”, onde están os Mosteiros de San Millán de Suso ( de arriba) e San Millán de Suso (de abaixo), patrimonio da Humanidade dende 1997.
Visitamos o “Monasterio de Yuso”, construído nos séculos XVI e XVII. O percorrido polo mosteiro levounos a visitar o “Salón de los Reyes”, o Claustro, a Igrexa, a Sacristía, unha das máis fermosas de España, e a “Colección de Códices e Cantorales”. En San Millán viviu e escribiu Gonzalo de Berceo, primeiro poeta castelán coñecido. San Millán é coñecido como “ cuna de la lengua”.
Despois trasladómonos a “Santo Domingo de La Calzada”, cidade ligada ao Camiño de Santiago dende a súa fundación. Visitamos a “Plaza de España”, donde está a casa do concello e na que durante séculos se celebraban o Mercado e as corridas de touros. Tamén visitamos a “Plaza del Santo “ frente á Catedral, onde se construiu o Hospital de Peregrinos.
Na Catedral do século XII, románica, está o sepulcro de “Santo Domingo de la Calzada”. Fronte o Sepulcro está situado “El Gallinero”, de estilo gótico, que alberga un galo e unha galiña vivos, en conmemoración da milagre do peregrino aforcado inxustamente.
Un dulce típico son os “ahorcaditos “ de hoxaldre con forma de vieira, recheos dunha crema de améndoa.
Despois de xantar visitamos “Laguardia” , capital de “La rioja Alavesa”, e terra de viño, que conserva intacto o seu sabor medieval. É o pobo que mellor conserva as súas murallas, con rúas estreitas nas que se atopan edificios con arquitecturas góticas e románicas: visitamos a Igrexa de “Santa María de los Reyes”, a única con pórtico con cores de toda España. Laguardia é unha localidade con séculos de tradición nas súas adegas e unha das principais produtoras de viños coñecidos internacionalmente. Posúe dende antigas adegas subterráneas que se construíron na idade media, ata a moderna bodega de Ysios deseñada por Santiago Calatrava.
Tras un día tan axetreado regresamos ao Hotel para cear e descansar repoñendo forzas de cara ao día seguinte, no que visitamos Haro. Capital da “Rioja Alta”, que foi declarado en 1975 conxunto Histórico-Artístico.
A súa principal actividade económica é a viticultura, con elaboración de viños de calidade nas súa adegas, que son visitadas por miles de turistas. O casco antigo estivo totalmente amurallado con tres portas, das que se conservan dúas. Na visita guiada polas súas rúas vimos numerosas casa señoriales como as de “Bendaña” o “Pazo dos Condes de Haro”, o de “Tejada”…
Tan importante é o viño na economía de Haro que en 1892 inaugurouse una estación enolóxica e unha sucursal do Banco de España para xestionar os capitais procedentes das explotacións vitivinícolas. Como non podía faltar visitamos unha adega. Adegas Bilbaínas, a adega que ten máis superficie de viñedo do municipio e máis galería subterráneas (3.400 metros cadrados).
Por último, antes de regresar a Galicia, fixemos unha parada en “Briones”, pobo de “La Rioja Alta”, amurallado e situado no alto dun outeiro, coa súa ladeira norte cortada sobre o Río Ebro, en pendente case vertical e rodeado de viñas por todos o lados. Paseamos polas súas rúas medievais con numerosos palacios e igrexas, das que destacan a Igrexa de “Nuestra Señora de la Asunción” situada na Praza Maior como marabilla arquitectónica de estilo gótico isabelino, cunha altísima torre barroca e cun precioso retablo no seu interior do Século XVII. Estivemos tamén no Mirador desde onde se ve unha paisaxe impresionante de viñedos e do Río Ebro.
Finalizada a visita emprendemos o regreso á casa, chegando á noitiña despois de convivir durante uns días mulleres das distintas asociacións forxando novas amizades.