2017
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO C.E.I.P (Infantil) AMARO REFOJO
Durante a semana do 8 de marzo, realizamos actividades con cerca de 140 nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do C.E.I.P. Amaro Refojo dos módulos de Educación Infantil. A través de contacontos, aprenderon o significado e a orixe do Día Internacional da Muller, así como que “nenos e nenas, homes e mulleres, podemos facer as mesmas cousas sen importar o noso sexo”.
Os contos elexidos foron “¿hay lago más aburrido que ser una princesa rosa?” e “Ricitos de Oso”. Son contos coeducativos, que recomendamos absolutamente, cos que se poden traballar valores como o respecto, a tolerancia e por suposto a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No CEIP Princesa de España e no CPR. María Inmaculada de Verín, levouse a cabo a obra teatral “Alcacia e o Vento”, un mural contra a Violencia de Xénero e Talleres de Concienciación; mentres que no CEIP Amaro Refojo se facía unha xornada de Contacontos da obra “Arturo e Clementina”. Non podemos esquecer que a educación é a mellor menciña contra a Violencia de Xénero.
Para levar a cabo estas actividades contamos coa colaboración do alumnado do curso de “Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil” que se levou a cabo en Femuro e co “Obradoiro de Dinamización Socioeducativa” da Mancomunidade de Verín.
MOITÍSIMAS GRAZAS AO PROFESORADO DOS CENTRO POLA SÚA COLABORACIÓN!!
Esperamos repetir moitas veces máis…