Infancia e Mocidade

Femuro leva a cabo diversas actividades relacionadas con infancia e mocidade, dende os 4 ata os 18 anos. Entre as súas actividades destaca “Femuro Verán”, programa de conciliación familiar e laboral durante os meses estivais.

Ademáis temos actividades relacionadas coa igualdade, coas novas tecnoloxías, coa sexualidade …. 

Todas as actividades de Femuro teñen un fin social non lucrativo e priorízanse como persoas usuarias aquelas que sofren algún tipo de dificultade e/ou discriminación. 

Os nenos e nenas tamén están presentes noutros programas sociais máis transversais como as axudas de emerxencia (Femuro Solidaria) destinadas prioritariamente a familias con menores a cargo.