Formamos parte de – Consello Galego de Benestar

FEMURO resultou elexida para formar parte do Consello Galego de Benestar Social dentro do proceso de renovación de representantes para o seu segundo mandato.

O Consello Galego de Benestar Social creouse na Lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia como órgano superior consultivo e de participación do sistema galego de servizos sociais.

Este Consello está presidido  pola/a titular da consellería competente en materia de servizos sociais, actualmente Dna. Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social e conta cunha pluralidade de representación. Forman parte do mesmo, representantes de diferentes consellerías da Xunta de Galicia, como  así como das Entidades Locais a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e da Administración Xeral do Estado; representantes sindicais e empresariais, colexios profesionais, universidades, entidades que prestan servizos sociais e asociación de usuarios.

En canto aos seus obxectivos, este órgano é unha ferramenta fundamental para avaliar e mellorar o sistema de servizos sociais de Galicia, ao tempo que ofrece una vía para o diálogo e o desenvolvemento de respostas ás necesidades dos cidadáns.

 O 11 de decembro do 2018 procedeuse á constitución do Consello, exercendo a vicepresidencia, D. Arturo Parrado Puente, director xeral de inclusión social. Por outra banda, abordouse o informe do novo proxecto normativo no referente á Renda de Inclusión de Galicia e das Axudas de inclusión social.

O 18 de decembro do 2018 tivo lugar unha segunda reunión, na que se trataron os temas seguintes: proxecto de Decreto polo que se regula o Observatorio galego da familia e da infancia e a Estratexia galega para a infancia e a adolescencia en Galicia (EGIA) 2018-2020, estando presente Dna. Amparo González Méndez, Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica