AS 2023
Con motivo do 8M – Día Internacional da Muller- , realizamos unha serie de actividades de sensibilización
Este ano a campaña xirou en torno un ámbito bastante esquecido no noso día a día, a CORRESPONSABILIDADE, para elo levamos a cabo diferentes accións en centros educativos.
Nos Centros Educativos de Educación Primaria
CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia , CEIP Curros Enriquez , Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova e no CPR Luis Vives en Ourense cun total de 602 participantes.
A dinámica que se realizou este ano consistía en que os nenos e nenas tiñan que levar a cabo as tarefas domesticas pero cunha peculiaridade, neste caso son os nenos os que teñen que encargarse de limpar, ir a compra, lavar a roupa, coidar aos fillos e fillas…e por suposto ir a traballar, mentres tanto as nenas van a traballar, pero despois teñen tempo libre para ir o ximnasio, a tomar algo ao bar… É dicir, invertir a realidade que vivimos a mulleres día a día para visibilizar a importancia do traballo domestico así como o reparto equitativo das mesmas.
Nos Centros Educativos de Educación Secundaria- IES Castro de Baronceli en Queizás, Verín.
Neste caso contamos coa colaboración de Leticia Colmenero Martínez. Esta enfermeira foi a encargada de levar a cabo un taller sobre sexualidade, centrándose en temas como as Infeccións de Trasmisión Sexual, os distintos métodos anticonceptivos, a endometriose…
Tamén realizamos actividades no CPR Apostolico Mercedario de Verín. Nesta ocasión desenrolamos varios talleres sobre diferentes eidos da Igualdade, Levamos a cabo os seguintes talleres:
- “Falamos e resolvemos en igualdade”: Nesta sesión tratamos conceptos como o feminismo, a igualdade, o teito de cristal… de xeito introductorio para o alumnado de 1º da ESO.
- “A media laranxa”: Traballamos diferentes mitos do amor romántico (os celos son amor, si me mira o teléfono é porque me quere…) todo isto contextualizado a través do mito da Media Laranxa de Aristófanes .
- “A muller e a nena na ciencia”: Por mor do 11 de Febreiro, partindo da invisibilidade que padece a muller na ciencia, falamos da situación na que se atopa a figura feminina neste e noutros ámbitos e tratamos de visibilizar que moitos dos aparellos e artiluxios que utilizamos diariamente foron creados por mulleres, aínda que non se lle de valor..
- “Da ilusión á explotación”: Tratamos a temática da prostitución e da trata de persoas con fins de explotación sexual.
- “Consentimento”: Reflexionaremos sobre qué é o consentimento e que implica, traballando as relacións de parella libres e igualitarias así como a respetar o espazo vital das persoas, e facer respetar o noso propio.
Con motivo do 𝐃Í𝐀 𝐃𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐑𝐈𝐓𝐎𝐑𝐀𝐒, que se conmemora dende o ano 2016 para recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o seu traballo na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.
Nesta ocasión desprazámonos ata o CEIP San Marcos de Cartelle para contarlle aos seus 31 alumnos e alumnas a historia da famosa saga Harry Potter, pero esta vez fixémolo dun xeito especial, posto que o protagonista non foi Harry, se non as mulleres máis importantes da historia: Hermione Granger, Bellatrix Lestrange, Ginny Weasley, Luna Lovegood, Sybill Trelawney, Nymphadora Tonks, Molly Weasley e Minerva McGonagall.
Deste xeito puxemos en releva a estas persoaxes, a través do visionado e a lectura de fragmentos das películas e dos libros, e tamén mediante os contos. Para rematar entregámoslle uns marca paxinas de J.K. Rowling, autora da saga e unha das escritoras máis importantes despois de vender máis de 350.000 copias dos seus libros.
Con motivo do 25N, Día Internacional contra as Violencias Machistas, realizamos actividades de sensibilización visitando os seguintes centros: CEIP Amaro Refojo (Verín), CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia), CEIP Plurilingúe Ribadavia (Ribadavia), CEIP San Marcos (Cartelle), CEIP Curros Enriquez (Celanova) e CEIP de Quins (Melón).
- Nos centros de primaria traballamos o CONSENTIMENTO Mediante diferentes dinámicas traballamos cas nenas e nenos as claves do consentimento, o seu significado, a saber dicir e respetar un non, establecer límites sobre o seu corpo e respetar os límites que establecen os demais.
- Acudimos a 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗜𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶𝗹, onde contamos a historia das irmás Mirabal a través do conto “Las tres mariposas”, realizando posteriormente unha reflexión neste sentido e un bonito mural.