COMUNIDADE EDUCATIVA – LECTURAS COEDUCATIVAS
Elaboramos recomendacións de lecturas coeducativas por niveis para difundir en centros de Educación Infantil e Primaria, e tamén para difundir entre ás familias a través das Anpas. Maioritariamente estas recomendacións son froito das colaboracións cos propios centros educativos e están elaboradas por profesionais da Educación con formación e perspectiva de xénero.
Son lecturas feministas, libres de estereotipos de xénero e sen roles asignados en función do sexo do/da protagonista. Tamén recomendamos lecturas nas que aparecen personaxes que rompen co tradicionalmente asignado: nenas valentes, protagonistas, intedependentes, que viven as súas propias aventuras, e nenos que mostran sentimentos, que acompañan, que bailan, que cociñan… Nenas e nenos que xogan indistintamente sen diferenzas.
Ademais elaboramos recomendacións para datas sinaladas como o Día Internacional das Mulleres, O Día Internacional contra as Violencias Machistas, O Día da muller e da nena na Ciencia, O Entroido…