FEMUROS COAS ASOCIACIONS – MESAS DE MULLERES 2020

A iniciativa “Mesas de mulleres” nace neste 2020 como resultado da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, que deu lugar a unha importante diminución na vida das asociacións de mulleres rurais e do contacto directo que FEMURO mantén con todas elas.

Sen lugar a dúbidas o confinamento supuxo un cambio importante no día a día de todas as persoas e polo tanto tamén das asociacións, que tiveron que parar por completo a súa actividade habitual vendo así freadas as múltiples e variadas ocupacións que manteñen ao longo do ano. Así mesmo, actos conxuntos organizados por FEMURO como a celebración do 8 de Marzo, o Foro da Igualdade ou a viaxe anual non puideron desenvolverse no 2020, sendo conscientes do impacto que iso supón tanto para a Federación como para cada unha das mulleres que dende fai moitos anos participan neles con ganas e ilusión.

En FEMURO entendemos a todas as asociacións de mulleres rurais como pilar fundamental que nos sustenta e nos permite manternos con vida, polo que consideramos que era necesario desenvolver con elas algún tipo de actividade que puxera en relación as súas mulleres e lle permitise, así mesmo, expresar e mostrar as súas opinións respecto a temas de relevancia na súa vida e na da Federación á que pertencen.

Creamos desta forma un formato baseado en mesas redondas por consideralo o máis axeitado á situación na que nos atopamos. Nelas contamos con grupos reducidos de máximo 5 persoas e mantivemos en todo momento as medidas de seguridade establecidas polas autoridades (distancia social, uso de mascarilla, desinfección do espazo, uso de hidroxel…).

As mesas desenvolvéronse tanto online (a través de videochamada) como presencialmente, e nelas cada participante tivo a oportunidade de expresarse sobre unha serie de cuestións establecidas previamente que xiraban en torno a cinco bloques temáticos: Mulleres, Rural, Asociacionismo, FEMURO e COVID-19.

Realizamos un total de 7 mesas, que distribuímos do seguinte xeito:

SESIÓN 1.

  • Data: Martes 9 de Xuño.
  • Modalidade: presencial (local de FEMURO).
  • Asociacións participantes:
    • Asoc. MM.RR. “A Esperanza” (A Salgueira). Representante: Cristina Alonso.
    • Asoc. MM.RR. “Patio de Melo” (Ábedes). Representante: Ana María Caldelas.
    • Asoc. MM.RR. “Fonte do Sapo” (A Rasela). Representante: Paz Rodríguez.
    • Asoc. MM.RR. “Tres de Maio” (Laza). Representante: Manola Criez.

 

SESIÓN 2.

  • Data: Martes 9 de Xuño.
  • Modalidade: presencial (local de FEMURO).
  • Asociacións participantes:
    • Asoc. MM.RR. “As Candelas” (Pazos). Representante: Rosa Vaamonde.
    • Asoc. MM.RR. “Flor da Xesta” (Verín). Representante: María José Gómez.
    • Asoc. MM.RR. “San Pedro” (Quizás). Representante: Concha Delgado.
    • Asoc. MM.RR. “Santa María de Tamagos” (Tamagos). Representante: María Isabel Yáñez.
    • Asoc. MM.RR. “As Trabes” (Cualedro). Representante: María José Pia.

SESIÓN 3.

  • Data: Xoves 11 de Xuño.
  • Modalidade: presencial (Casa da Cultura de Albarellos).
  • Asociacións participantes:
    • Asoc. MM.RR. “25 de Xullo” (Albarellos). Representante: María Milagros López.
    • Asoc. MM.RR. “Santa Eulalia de Montes” (Montes). Representante: Ángeles Pérez.
    • Asoc. MM.RR. “Fonte do Ouro” (Sandín). Representante: Sinda Rivero.

SESIÓN 4.

  • Data: Luns 15 de Xuño.
  • Modalidade: Online.
  • Asociacións participantes:
    • Asoc. MM.RR. “Arnoia” (Arnoia). Representante: María Asunción Fernández.
    • Asoc. MM.RR. “Nosa Señora do Portal” (Ribadavia). Representante: María Martínez.
    • Asoc. MM.RR. “Cruceiro Gordo” (Melón). Representante: Sonia Rosendo.

SESIÓN 5.

  • Data: Martes 30 de Xuño.
  • Modalidade: presencial (local de FEMURO).
  • Asociacións participantes:
    • Asoc. MM.RR. “Entre Nós” (Vilardevós). Representante: Teresa Ramos.
    • Asoc. MM.RR. “San Salvador da Roza” (Medeiros). Representante: Rosa Pérez.
    • Asoc. MM.RR. “Xestas e Toxos” (A Gudiña). Representante: Carolina Hernanz.

SESIÓN 6. XUNTA DIRECTIVA.

  • Data: Mércores 1 de Xullo.
  • Modalidade: Online.
  • Participantes:
    • María Isabel Garrido. Presidenta de FEMURO.
    • Elsa Pajarín. Vicepresidenta de FEMURO.
    • María Benita Álvarez. Vogal de FEMURO.

 

SESIÓN 7.

  • Data: Xoves 2 de xullo.
  • Modalidade: Online.
  • Asociacións participantes:
    • Asoc. MM.RR. “Castrelo de Miño” (Castrelo de Miño). Representante: Sinda Osorio.
    • Asoc. MM.RR. “Pegureiras” (San Mamede). Representante: Manola Estévez.
    • Asoc. MM.RR. “O Cruceiro” (Matamá). Representante: María González.

 

Todas as contribucións das participantes ao longo do desenvolvemento das distintas mesas foron a base para desenvolver o relato “Mulleres, rural e vida”, no que tratamos de plasmar, a través da protagonista Branca, as distintas vivencias que as participantes compartiron con nós. Dito relato inclúese na Revista que publicamos cada decembro e na que se plasman todas as actividades que FEMURO realiza ao longo de todo o ano.