FEMURO COA INFANCIA – ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN – 2021

 

Con motivo do 8M – Día Internacional da Muller- , realizamos unha serie de actividades de sensibilización que englobamos dentro da Campaña “Cultivando igualdade, viviremos en liberdade”. 

A primeira proposta coa infancia, hortas pola igualdade, consistiu en realizar pequenas accións nas que misturamos as mensaxes de igualdade coa potenciación do rural, creando para elo distintos espazos violetas (hortas, xardíns, macetas…) nos que o feminismo foi o protagonista. 

 

A esta iniciativa súmanse as propostas didácticas en centros educativos que se basearon, dado a imposibilidade de acudir presencialmente aos colexios, en sesións virtuais adaptadas aos nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria. Fixéronse propostas con motivo do 8 de Marzo e tamén no Entroido, para traballar este último de xeito coeducativo. Para levalas a cabo elaboramos, ademáis da proposta en formato PDF que adxuntamos, un vídeo-conto que se pode visualizar na nosa canle de Youtube FEMURO OURENSE VERÍN ou nas seguintes ligazóns: Conto 1 Conto 2

Os colexios aos que acudimos foron o CEIP Rodolfo Núñez (Vilardevós), CEIP Amaro Refojo (Verín), CEIP Carlos Casares (Xinzo Limia), CEIP Raúl Fernández (Castrelo do Val). 

  • Na proposta do 8 de Marzo,  a través do conto e actividade “ELLAS”, participaron 4 centros educativos, sumando un total de 730 nenos e nenas máis o profesorado implicado dos concellos de Verín, Xinzo de Limia, Castrelo do Val e Vilardevós.

 

  • Na proposta de Entroido en Igualdade (no mes de febreiro) participaron 2 centros educativos de Verín e Xinzo de Limia sumando 625 nenos e nenas máis o profesorado implicado.

Unha terceira liña de actuación consistiu en realizar actividades formativas no I.E.S. Carlos Casares de Viana do Bolo e no CEIP Luis Vives de Ourense “Mulleres con historia”.  Co alumnado de 4º da ESA fixemos dúas sesións de 1 hora cada unha, na que tratamos a VISIBILIZACIÓN DE MULLERES IMPORTANTES, O FEMINISMO, OS MICROMACHIMOS E A RUPTURA DE ESTEREOTIPOS SEXISTAS.  Participaron un total de 30 alumnos e alumnas.

 

OUTRAS ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS:

  • Día das letras galegas: actividade de homenaxe a XELA ARIAS. Elaboramos co alumnado de Educación Infantil do CEIP Amaro Refojo en Verín un mural conmemorativo de Xela Arias, autora homenaxeada no 2021 no día das letras galegas. Participaron un total de 99 nenos e nenas na actividade.

  • Semana das escritoras, na que virtualmente visibilizamos a escritoras importantes. Participaron nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo (Verín).

  • Recomendacións de lecturas libres de estereotipos sexistas, no CEIP Amaro Refojo, propostas dende Femuro, para todo o alumnado do centro, no mes de Xuño. Dirixido a 355 alumnos e alumnas.

 

ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN EN LUDOFEMURO:

Ludo Femuro é unha actividade que vai dende Setembro a Xuño para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos na que se traballan valores, habilidades sociais, traballo en equipo, xogo cooperativo, control de emocións… Os nenos e nenas veñen unha vez á semana.

Hai dous grupos de nenos e nenas:

  • De 4 a 7 anos: 8 participantes.
  • De 8 a 12 anos: 5 participantes.

En LudoFemuro trabállase a Igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xeito transversal pero tamén de xeito específico, e concretamente mínimo unha vez ao mes facemos un obradoiro específico de prevención da violencia, normalmente a través dun conto e cunha actividade e reflexión.

Este ano fixemos obradoiros de EMOCIÓNS, VISIBILIZACIÓN DE MULLERES, PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, COCIÑA PARA NENOS E NENAS, CONTOS COEDUCATIVOS, OBRADOIROS DE IGUALDADE, EMPATÍA E RESPECTO Á DIFERENZA.

Ademais elaboramos un vídeo de MULLERES REFERENTES que previamente traballamos en varias sesións cos nenos e cas nenas.  Pódese ver na canle de FEMURO OURENSE VERÍN, ou na seguinte ligazón: Mulleres referentes