A Laranxa Completa
A LARANXA COMPLETA: DECONSTRUINDO A FLOR DO AZAHAR é unha docuserie onde 16 asociacións de mulleres rurais e 2 institutos da provincia de Ourense falan entorno aos mitos do amor romántico según as súas experiencias.
A docuserie consta de 6 capítulos:
Capítulo 1: “A raíz. Romantizando o amor”. Neste capítulo fálase da búsqueda de parella, do matrimonio e de se o amor pode con todo.
Capítulo 2: “O tronco. Rompendo as cadeas”. As temáticas deste capítulo versan sobre a familia e a sociedade, a “liberdade” das mulleres e sobre a menstruación.
Capítulo 3: “As Ramas. O amor non doe”. Neste episodio fálase sobre rupturas, divorcios, agresións sexuais e tamén sobre a aceptación ou non das diferentes orientacións sexuais.
Capítulo 4: “As follas. Os coidados e a non corresponsabilidade”. Falamos sobre anticoncepción, maternidade e reparto de tarefas.
Capítulo 5: “A flor de Azahar. Celos e control non son probas de amor”. Este capítulo fala das formas de control dentro das parellas, sobre todo cara ás mulleres e tamén sobre a importancia da virxinidade.
Capítulo 6: “O froito. Eu son a laranxa completa”. Este vídeo é a modo de peche e conclusión/ reflexión do dito e comentado nos vídeos anteriores.
Estos vídeos están complementados ademáis cunha exposición fotográfica de 10 Roll-Ups nos que se deconstrúen os mitos do amor romántico:
Esta docuserie pódese solicitar gratuitamente para centros Educativos (ESO, Bacharelato, Universidades…) a través do noso correo: social@femuro.org.