Emprego e formación

FEMURO leva moitos anos traballando por e para as mulleres, en especial para as mulleres do medio rural, un entorno no que acceder a determinados recursos e servizos faise, ás veces, imposible. Neste aspecto unha das dificultades máis salientables é o acceso ao emprego.

Por todo isto FEMURO ten en marcha diferentes programas destinados a favorecer a inserción laboral das mulleres rurais.