Día da muller rural
Para FEMURO é de relevancia conmemorar esta data establecida internacionalmente o 15 de Outubro e para elo colabora coa organización do acto que cada ano leva a cabo unha asociación de MM.RR. diferente dentro das adheridas á federación.
Este día trata de visibilizar o papel fundamental que as mulleres rurais de todo o mundo desempeñan nas economías rurais dos países desarrollados como aqueles en vía de desenvolvemento.
As mulleres rurais de todo o mundo desempeñan unha importante función no que se refire a garantir a seguridade alimentaria e en todo o relativo ao desenvolvemento e estabilidade das zonas rurais. A pesar disto, o non ter sido recoñecida debidamente a súa condición xurídica e social ou sendo limitado tal recoñecemento, as mulleres a miúdo carecen de facultades para adquirir certos dereitos, polo que a súa vital contribución á sociedade pasa en gran parte desapercibida.
O noso propósito é facer visible o traballo que veñen desenvolvendo as mulleres rurais no desenvolvemento económico e social do medio rural, recordar á sociedade a súa contribución, valorar e recoñecer os seus méritos e promover a súa participación en tódolos ámbitos.
Para a conmemoración desta data, cada ano FEMURO e as súas socias desprazámonos ata o lugar da asociación de MM.RR encargada de organizar o acto que conmemora este día, ata o lugar onde se ubica a mesma e durante a xornada dun día podemos coñecer in situ a asociación, o seu labor, actividades que desenvolve, o seu pobo,… e xuntas compartimos un día tan importante para todas nós.