Femuro coas asociacións
As asociacións de mulleres rurais son o pilar fundamental de FEMURO.
Ademáis do traballo diario de información e asesoramento, dende a Federación organizamos e coordinamos as distintas actividades que se desenvolven ao longo do ano coas mulleres rurais, tales como o Foro da Igualdade, o viaxe anual, as Xornadas de Desenvolvemento Rural e os actos por motivo do Día Internacional da Muller e o Día da Muller Rural, entre outras.
Todas estas iniciativas teñen como pilares fundamentais a ilusión, a adicación e o esforzo por un mellor porvir no rural, en aras da igualdade e da inclusión e partindo dun enfoque multidisciplinar e transveral.
Tendo sempre presente e pondo en valor que as mulleres fomos, somos e seremos integrantes esencias da sociedade á que pertencemos.