Femuro Coas Asociacións – Encontros – Femupo 2023

 

II ENCONTRO DE MULLERES: PANXÓN. 15-16-17 DE SETEMBRO

Por segundo ano consecutivo puidemos xuntarnos para compartir unha fin de semana diferente, onde aprender cousas novas, compartir experiencias e, sobre todo, pasalo moi ben en compañía de amigas.
Arrancamos esta fin de semana o venres 15, autobuses dende varios puntos da provincia chegaron a Panxón ás seis da tarde e as sete, tras instalarnos cada unha na habitación asignada, acudimos ao acto de benvida protagonizado por:
Mª Isabel Garrido Blanco, Presidenta de FEMURO.
Raquel Touriño Casal, Presidenta de FEMUPO.
María Sandra Bastos Míguez, Deputada de Igualdade e Benestar da Deputación de Pontevedra.
Sandra Vázquez Domínguez, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Pola noite, deu comezo a festa, un Guateque ambientado nos anos 60-70, onde bailamos, xogamos ao 1,2,3…en definitiva, pasámolo en grande! Aquí vos deixamos algunhas mostras dos mellores momentos.

O sábado comezámolo cun bo almorzo e un rato de tempo libre para poder desfrutar dando un paseo pola praia. Ás doce Beatriz Laranjeira, psicóloga e sexóloga de AsDoSex, impartiu unha charla coloquio sobre Mulleres e Sexualidade.

Despois de comer comezou o “Roteiro do autocoñecemento” no cal todas as mulleres asistentes tiveron que pasar polos tres obradoiros organizados. Estes obradoiros foron:
Corpos en movemento, impartido por Nuria Sotelo, bailarina e sexóloga de AsDoSex.
As mulleres coñeceron o seu corpo ao mesmo tempo que interactuaron coas súas compañeiras. Movemento, baile e autocoñecemento foron os protagonistas.
Mulleres. Sexualidade e pracer, impartid o por Ana Cardoso e Uxía Fernández, sexólogas de AsDoSex.
Quérome. Obradoiro de autoestima, impartido pola nosa compañeira Jane Liz, Educadora Social de FEMURO.

 

 

Despois dunha tarde adquirindo coñecementos ceamos e gozamos de Viños con alma de muller, unha cata de viños de mulleres adegueiras galegas. Este momento contou coa atención de Rocio Jiménez como sumiller, e coa armonización musical de 2NaFronteira, que conta con Carmen Penín como cantante, e con Maurizo Polsinelli como pianista.

                

Por último o domingo almorzamos e saímos cara Valença do Miño, onde tivemos tempo libre para ir de compras, pasear… As dúas acudimos a Vilanova de Cerveira para xantar e por punto e final a este fin de semana de diversión